O galego dá moito xogo!

Este xoves, 18 de maio, celebrouse unha carreira de relevos en Ares para festexar co deporte e coa lingua o Día das Letras Galegas 2023. A actividade consistiu nunha “Carreira de relevos pola lingua” na que participou o alumnado do CPI As Mirandas. A carreira contou cuns relevos cooperativos e ao remate montouse un crebacabezas […]

No marco da programación do Día das Letras Galegas 2023, o Concello ofrece o próximo luns, 22 de maio, o espectáculo de narración oral e monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, da compañía Fantoches Baj.

A produción, dirixida ao público familiar, está baseada na obra 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎, libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado deste ano. A representación celebrarase no salón de actos da Alianza Aresana, a partir das 18.00 horas. A entrada é gratuíta e non require reserva previa. A actividade conta co apoio do […]

O Mosteiro de Santa Catalina contará cunha nova Iluminación Ornamental

O Concello de Ares anunciou a concesión da subvención que permitirá levar a cabo a actuación para dotar ao Mosteiro de Santa Catalina dunha nova iluminación ornamental. O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, será financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegará 30.000 euros, e as arcas municipais. […]

Proposta de contratación e puntuacións no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, Para A Contratación Laboral Temporal De 4 Peóns PEL

ANUNCIO Vista a Acta do dia 16 de maio de 2023 do Tribunal calificador do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de catro peons (Plan integrador de obras e servizos minimos municipáis da Excma Deputación Provincial), nomeado por Resolución da Alcaldía nº 264/2023 de 05/05/2023 faise pública a relación de aspirantes e […]

Inscricións abertas para participar no programa “Conciliares” !

Desde hoxe, 15 de maio, ata o día 31 de maio, poderás inscribir aos teus fillos de 3 a 12 anos neste servizo municipal. “Conciliares” é unha opción de conciliación durante os meses de xullo e agosto, ofrecendo unha amplia variedades de actividades lúdicas e educativas para os máis pequenos. Podes consultar os requisitos de […]

Recordatorio importante: cambio de data para a recollida de enseres

Lémbrase que a recollida de residuos voluminosos deste mes, programada para o día 17 de maio, ao coincidir coa festividade das Letras Galegas, trasládase á seguinte semana, pasando a ser o próximo mércores, día 24 de maio. As persoas interesadas en depositar os seus residuos voluminosos deberán deixalos a noite do martes, día 23 de […]

Lista Definitiva de Admitidos e Excluidos e data da seguinte fase oposición no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 4 prazas de peons

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEONS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicada a lista provisional de admitidos […]