A XXXI Milla Urbana volveu ao noso municipio para encher a Praza da Igrexa!

Comparte esta nota de prensa

O paseo marítimo foi o escenario perfecto para esta xornada deportiva, onde familias, veciños e visitantes uníronse para gozar dunha visión lúdica e interxeracional do deporte.

O día obsequiounos cunha climatoloxía perfecta e o evento non só promoveu a actividade física e o espírito competitivo, senón que tamén reafirmou que é un dos encontros máis esperados do ano na nosa localidade, con 485 participantes!

A cerimonia de entrega de premios foi un momento de celebración, recoñecendo aos destacados atletas de todas as categorías, desde o corredor máis novo ata o máis veterano. A emoción foi palpable mentres as concelleiras Alma Barrón, Lucía Blanco e Vitoria Montenegro outorgaron os  recoñecementos aos gañadores e gañadoras!

Podes consultar todos os resultados nesta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/results/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY

Resultados en PDF: XXXI MILLA URBANA CONCELLO DE ARES 2023 en pdf

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.