Ares pechará o seu Ciclo de Cine de Verán coa proxección de “Rondallas”

A película poderá verse este xoves, 13 de agosto, ás 22:00 horas, no patio das Escolas do Lago (Rúa Real, 117), dentro da programación VeraneAres 2026. A actividade, promovida pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, será de balde e estará dirixida a todos os públicos. O Concello de […]
A tradicional Milla Urbana de Ares supera os 360 participantes

Corredores e corredoras de todas as idades participaron nesta nova edición da Milla Urbana Concello de Ares, unha das probas deportivas con máis tradición na vila que, ano tras ano, fai da Praza da Igrexa e do paseo marítimo todo un circuíto atlético. Nesta edición, 92 dos participantes foron nenos e nenas menores de 10 […]
Clausurada a 18ª edición do Campus de verán de baloncesto Chiquibasket

A 18ª edición do Campus Chiquibasket, impulsado por Chiqui Barros e o Concello de Ares, concluíu o pasado venres no Pavillón Polideportivo Municipal, que durante toda unha semana se converteu nun centro de adestramento, aprendizaxe e diversión arredor do baloncesto. Máis de 30 rapazas e rapaces participaron nesta nova edición, na que tiveron a oportunidade […]
Inscriciones Obradoiros Ares Indiano 2026

IX Ares Indiano 21, 22 y 23 de agosto de 2026 Obradoiro de customización de complementos – Martes 18 e Mércores 19 de agosto: https://forms.gle/zy2YyU3FP521NYDo9 Obradoiro decora a teu sombreiro – Sábado 22 de agosto: https://forms.gle/6uAiGrVxszqsTrH19 Na procura do tesouro indiano – Sábado 22 de agosto: https://forms.gle/QTBHf4Pkji8VMSYRA Obradoiro infantil Pintura Caribeña (Mukina) – Domingo 23 […]
Bando medidas e recomendacións de Tráfico Eclipse Solar

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO SABER QUE: Hoxe martes 11 de agosto ven de celebrarse a última das reunións de coordinación entre a Policía Local de Ares, Garda Civil e subdelegación do goberno co fin de actualizar información e as medidas a adoptar co gallo do eclipse de sol que […]
Ares xa conta cun selo de Correos dedicado á memoria da emigración

O Concello de Ares presenta, con motivo do IX Ares Indiano, un selo conmemorativo, postais franqueadas e un mataselos especial Ares xa conta cun selo propio de Correos. O Concello de Ares presentou esta mañá, con motivo da celebración do IX Ares Indiano, un selo conmemorativo dedicado á memoria da emigración e á importancia que […]
O Concello de Ares estivo presente na 35ª edición de Equiocio Ferrol

Do 6 ao 9 de agosto celebrouse en Ferrol a 35ª edición de Equiocio, un evento xa consolidado como unha das principais citas de referencia de Ferrolterra. Un ano máis, o Concello de Ares estivo presente cun stand propio, desde o que se promoveu o municipio e se deu a coñecer a súa oferta turística, […]
O Concello de Ares incorpora por primeira vez Puntos Violetas nas festas

O Concello de Ares, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), incorporou por primeira vez os Puntos Violetas ás festas de verán, co obxectivo de promover unhas celebracións seguras e libres de violencias machistas. O dispositivo estivo presente o 2 de agosto, durante as Festas do Mar–Carme, e […]
Operativo especial de tráfico e seguridade | Eclipse Solar · 12 de agosto

A Policía Local de Ares, en coordinación coa Policía Local de Mugardos, establecerá un operativo especial de circulación e seguridade con motivo do Eclipse Solar do 12 de agosto. Habilitaranse sentidos únicos de circulación, zonas de estacionamento e vías de saída para facilitar a mobilidade e evitar aglomeracións. Recoméndase planificar o desprazamento con antelación, seguir […]
O Concello presenta o programa do IX Ares Indiano, unha viaxe pola memoria da emigración galega

A vila celebrará os días 21, 22 e 23 de agosto unha nova edición do Ares Indiano, cunha programación que combina historia, cultura, gastronomía, música e actividades para todos os públicos. Exposicións, roteiros, seminarios, obradoiros, showcookings, espectáculos e vehículos históricos formarán parte dunha celebración que reivindica o legado da emigración e a súa pegada na […]
Nova pasarela de acceso á praia de Seselle

A praia de Seselle conta cunha nova pasarela de acceso que substitúe á anterior, que se atopaba moi deteriorada. A nova estrutura será desmontable durante os meses de inverno, para protexela das condicións meteorolóxicas adversas e prolongar a súa vida útil.
O pasado luns inaugurouse na Casa da Xuventude a mostra pictórica da aresá Gloria López.

A exposición reúne fermosos retratos de nenos e nenas en diferentes situacións cotiás, escenas cheas de naturalidade e tenrura que nos achegan un entrañable sorriso. 😊 No acto de inauguración estivo presente Alma Barrón, concelleira de Cultura do Concello de Ares, acompañando á artista na presentación da súa obra. A mostra poderá visitarse ata o […]