A cativada pasouno en grande coa actuación de “C@nto contigo” a cargo de Paco Nogueiras!

Comparte esta nota de prensa

O evento tivo lugar no CIRS de Cervás o pasado venres, coa colaboración da concellaría de Cultura de Ares e a Rede Cultural de Deputación. Durante o espectáculo, o ambiente lúdico e divertido fixo que os nenos e nenas bailasen sen inhibicións, acompañando coa voz, palmas ou acenos.

O concerto converteuse nunha festa moi especial, onde os máis pequenos foron os protagonistas e a música, o humor e a tradición crearon unha experiencia do máis cantareira para todos os presentes!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.