Este sábado o Club de Remo ten unha cita importante en Ares

Dispútase a Regata de Traineiriñas e as tripulacións do equipo absoluto masculino e feminino estarán a remar en casa con toda a súa forza e determinación. Por iso toda a aficción acudirá ás 17.00 ao peirao para arroupar aos remeiros e remeiras. Para gritar, animar, aplaudir e celebrar cada pada de con eles!! Este sábado, […]

Ares consegue unha subvención de 70. 000 euros para a recuperación do Camiño de As Salgueiras, en Chanteiro, unha intervención que suporá un investimento total de 80.000 euros

A subvención conseguida foi tramitada polo Concello ante Turismo da Xunta, a través das liñas de axudas provenientes dos Fondos Europeos Next Generation, en concreto, a destinada a conseguir a “Transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral”. Con esta axuda, cuxo importe ascende a 71.990,39 euros, executarase a […]

Aberto o período de inscrición para os campamentos deportivos provinciais deste verán, nos que poderán participar ata tres nenos ou nenas de Ares

Estes campamentos deportivos, organizados pola Deputación da Coruña, ofrecen unha ampla variedade de actividades a menores de diversas localidades, incluíndo Ferrolterra, Eume, Ortegal e a comarca de Betanzos. O campamento levarase a cabo entre o 2 e o 7 de xullo na residencia do IES Rosalía Mera na Coruña. Durante estes cinco días, os menores […]

As Alfombras de Ares somos tod@s!

A celebración do Corpus aresán deste ano está marcada pola recuperación das Alfombras Florais despois de dous anos de parón debido á pandemia. Isto provocou unha pérdida de alfombristas activos e dificultou a celebración da confección dos tapices florais o pasado ano. Mais este ano, a pesares da difícil situación, os alfombristas dos seis tramos […]

A exposición Galicia en Foco está a piques de finalizar na Casa da Xuventude.

Se non visitaches a mostra, aínda estás a tempo de ver unha selección das mellores imaxes do fotoperiodismo galego do ano 2022. A selección de instantáneas representa unha crónica anual da vida en Galicia, capturada polos fotoperiodistas que traballan nos medios de comunicación. A exposición finalizará este venres, así que asegúrate de visitala antes de […]

O concello activa o servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliARES”

O prazo de inscrición abrirá a próxima semana, pudendo achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais da localidade ou por rexistro electrónico na web institucional. A área de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha do “ConciliAres”, o servizo municipal que fomenta a conciliación durante os meses de xullo e agosto, […]

AVISO Servizo de Augas 10/05/2023

Comunicamos a todos os usuario que por obras na rede de abastecemento, procederase o corte da suministración de auga en: Crta. Ares – Redes desde o alto da Pena o cruce de Seselle pola marxe dereita. Seselle Praia de Seselle O Raso, desde o cruce cje Carballás ata o Cercado Alto. O día: 10/05/2023 De […]