Últimos días para inscricións no programa “Conciliares”! Ata o 31 de maio poderás inscribir aos teus fillos/as de 3 a 12 anos neste servizo municipal que promove a conciliación durante xullo e agosto.

Con actividades lúdicas, educativas e a oportunidade de interactuar con outros nenos/as, “Conciliares” converteuse nunha opción moi valorada polas familias da nosa localidade. Podes entregar a documentación no Departamento de Servizos Sociais ou facelo de forma rápida e sinxela a través do rexistro electrónico na web institucional. Consulta toda a información aquí: https://concellodeares.com/proxecto-xeral-do-servizo-de-conciliares-2023/

Proseguimos co repaso de actividades programadas polas Letras Galegas 2023!

 O pasado luns, 22 de maio, o público familiar desfrutou da celebración do Día das Letras Galegas con Fantoches Baj e A viaxe Feliz de Ramón Sanfiz, inspirada no libro Galicia de Fernández del Riego! E o pasado xoves, 18 de maio, celebrouse no CPI As Mirandas unha iniciativa moi especial: “O galego dá moito […]

Aviso de recollida de enseres

Lémbrase que a recollida de residuos voluminosos deste mes, programada para o día 17 de maio, ao coincidir coa festividade das Letras Galegas, trasládase á seguinte semana, pasando a ser o próximo mércores, día 24 de maio. As persoas interesadas en depositar os seus residuos voluminosos deberán deixalos a noite do martes, día 23 de […]

Aviso: Concello de Ares

O próximo luns, 22 de maio, as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da festividade dos traballadores das administracións locais.

A fuxida do bou “Ramón”, novamente en Ares.

Esa historia de sacrificios e solidariedade, de loita pola vida e a liberdade, volveu ser lembrada o pasado luns no CPI As Mirandas da localidade. O relato de como 27 republicanos da nosa comarca, en xullo de 1939, puxeron a salvo as súas vidas partindo de Ares, nese vapor, e chegando a Francia e a […]

A oitava Feira Rociera solidaria está lista para celebrarse en Ares, o evento benéfico organizado polo Ares Solidario en colaboración co Concello e en apoio á Xunta local da Asociación contra o Cancro.

Mañá sábado, 20 de maio, os participantes desfilarán a partir das 18:30 horas polas rúas ataviados ao estilo do Rocío, culminando no palco da Praza da Constitución. A festa promete ser unha mestura de alegría e solidariedade, coa participación da Asociación cultural O Tilo, o grupo Os Pimos e as bailaoras dos grupos Azahar de […]

Nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares

Os profesionais sanitarios do centro de saúde do municipio organizarán este martes, 23 de maio, ás 10:00 horas unha sesión formativa centrada na alimentación na menopausia. Nesta ocasión a charla será impartida pola dietista-nutricionista Iria González Fraga. Se estás interesado/a en aprender da man dos expertos máis próximos a nós inscríbete no mesmo mostrador do […]