Ata o 15 de agosto, a Casa da Xuventude albergará a exposición “Paisaxes e Mariñas” do pintor José Antonio Porro.

Comparte esta nota de prensa

Nesta exhibición artística, que plasma a riqueza das paisaxes de Ares e outros enclaves costeiros, os visitantes poderán admirar o talento do autor e mergullarse na súa visión do litoral próximo ao municipio, salientando a relevancia do mar e os elementos que dan forma a beleza da paisaxe local.

A mostra estará aberta de luns a venres en horario matutino, de 9:00 a 14:00 horas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.