O Ares Indiano tamén se saborea con 7 showcookings e 2 degustacións de chocolate para fusionar os sabores a ambos lados do Atlántico

O Concello, grazas á involucración da Deputación da Coruña no evento dentro da súa campaña ‘A paisaxe que sabe’, contará cunha carpa gastronómica e un mercado de artesáns que se instalarán no Parque Rosalía. A cociñeira Nair González, unha das mellores chefs da provincia, e o especialista en elaboracións con chocolate Tomás Rodríguez, de OXOCO, […]

Ampliación do prazo de inscrición para as primeiras rutas do SendAres 25-26

O Concello de Ares vén de informar da ampliación do prazo para reservar prazas e participar na saída cara León do SendAres 25-26 ata as 14:00 horas do 🗓️ xoves, 14 de agosto. A iniciativa implica sumarse a dúas rutas: a Travesía Puerto Las Señales-Maraña e Maraña-Acebedo, baixo un prezo de 150 euros, pernocta, desprazamentos, […]

Os roteiros en barco, autobús histórico e a pé, xunto cos obradoiros tematizados do VIII Ares Indiano, abrirán mañá as súas inscricións

Este mércores, 13 de agosto, as persoas interesadas poderán reservar a súa praza tanto nas tres tipoloxías de roteiros do Ares Indiano –a pé con Cayetano Lledó, en autobús e a bordo do M. Presas—como nos obradoiros de pintura, decoración e búsqueda do tesouro. Serán todas elas experiencias para gozar da oitava edición da celebración […]

O Concello presenta o programa do VIII Ares Indiano: gastronomía, divulgación histórica, música e moita máis cultura para conmemorar o legado dos migrantes cara América

Cunha programación que inclúe dende os roteiros en barco, a pé e autobús ata mostras teatrais, clases de baile latino ou showcookings, a principal celebración lúdico-cultural do municipio reiterará o seu compromiso coa memoria da emigración aresá e galega. O 22, 23 e 24 de agosto, Ares somerxerase nunha viaxe para ollar o pasado e […]

Indianos na procura dun nome

Chegaron de alén mar, fixeron a súa parada en Ares no verán de 2024… e dende entón quedaron a vivir no municipio. O indiano e a indiana feitos pola veciña Conchi Escudero volverán estar connosco, mais desta volta necesitan algo de nós: un nome. Como inicio das actividades inscritas no Ares Indiano 2025, a Concellaría de […]