O SendAres explora a beleza natural do río Sor

Comparte esta nota de prensa

O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do norte galego: a contorna do río Sor.

A ruta realizada onte, de 12 quilómetros, seguiu o curso do río entre bosques e camiños de frondosa vexetación, desde as Ribeiras do Bispo ata a impresionante Fervenza de Augas Caídas. No percorrido, os sendeiristas atoparon vellos muíños, pozas cristalinas e unha paisaxe exuberante para que a xornada fose toda unha inmersión na natureza.

Un bo domingo para conectar coa contorna natural e a súa tranquilidade!

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.