A Asociación de Fotografía de Ferrolterra imparte un obradoiro no CPI As Mirandas

Comparte esta nota de prensa

O CPI As Mirandas, xunto co Concello de Ares, organizou nestes últimos días un obradoiro de fotografía dirixido aos rapaces e rapazas da ESO, coa intervención dos directivos da Asociación de Fotografía de Ferrolterra Mikel Díaz e Martín Quintián, os encargados de impartir a sesión.

A mocidade da ESO puido achegarse ás nocións básicas de fotografía dixital, incluíndo aspectos prácticos sobre a captura fotográfica co teléfono móbil. Tamén trataron conceptos fundamentais como os diferentes planos, o enfoque, os axustes e modos da cámara e consellos prácticos para mellorar a calidade das imaxes.

Con todo, o alumnado poderá poñer en práctica o aprendido sumándose á XI edición do Concurso de Fotografía Xuvenil organizado pola área de Cultura municipal, que ten o seu prazo de presentación de fotografías aberto ata o 31 de outubro.

As bases do concurso están dispoñibles na seguinte ligazón:  https://concellodeares.com/ix-concurso-de-fotografia-xuvenil-concello-de-ares-2025/

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.