A relevancia do autocoidado, eixo temático das II Xornadas para Persoas Altamente Sensibles (PAS) en Ares

Comparte esta nota de prensa

Durante esta fin de semana, a Alianza Aresana exerceu de epicentro das II Xornadas de Autocoidado para PAS dirixidas por Concha Tejada, en colaboración co Concello; unha iniciativa centrada en ofrecer un espazo seguro onde as persoas altamente sensibles puidesen aprender a priorizarse que tamén contou coa intervención da edila de Cultura, Alma Barrón.

Ares foi así un escenario de diálogo e reflexión para aquelas persoas con inquedanzas por medrar profesionalmente a partir da súa alta sensibilidade. Debulláronse, con 5 charlas inspiradoras a cargo de profesionais PAS, 1 obradoiro de xestión sensible e microsesións 1 para 1, cuestións como os hábitos e a mentalidade, as fórmulas para contar cun estilo de vida que respecte as súas particularidades, estratexias saudables de emprendemento ou mesmo contidos de espiritualidade.

Nun mundo dominado pola hiperprodutividade e a présa por enriba da sensibilidade, o evento lembrou o fundamental que é  coidarse a un mesmo nunha viaxe de tres días para aplicar ese autocoidado en todas as dimensións.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.