En Ares o cancro de mama tomámolo a peito

Comparte esta nota de prensa

Malia que as condicións metereolóxicas non foron favorables, a veciñanza conmemorou na entrada do consistorio o Día Mundial contra o cancro de mama que se celebra cada 19 de outubro nun acto organizado pola Xunta Local da AEC en Ares coa colaboración do Concello.

Veciños e veciñas achegáronse ataviados con prendas rosas para asistir á lectura do manifesto reivindicativo e amosar así o espíritu solidario contra esta doenza oncolóxica –o tumor máis diagnosticado do mundo–, amais de reclamar máis recursos na investigación, prevención e detección temprana. En representación institucional tamén acudiron as concelleiras Alma Barrón e Victoria Montenegro.

Non hai dúbida posible: o cancro tomámolo a peito.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.