O Concello propón decorar os negocios de Ares con follas de palmeiras

Como xa aconteceu no ano pasado, a Concellaría de Cultura convida aos comercios e hostalería da vila a decorar os seus locais con follas de palmeira para transportar a veciñanza e visitantes cara os territorios de alén már durante o VIII Ares Indiano do 22, 23 e 24 de agosto. Co obxecto de facilitar a […]
Ares, entre os 74 municipios elixidos de toda Galicia para a campaña especial da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

As características da vila, entre elas o carácter solidario, con 28 doazóns por cada 1.000 habitantes ao ano, contextualizan a participación de Ares na iniciativa. Dende a Axencia de Doazón de Sangue formúlanse o reto de acadar as 27.000 doazóns de sangue ao longo do verán, a cifra que precisan os hospitais galegos para atender […]
HORARIOS DEFINITIVOS E ENTREGA DE DORSAIS PARA A XXXIII MILLA URBANA 2025

Ante a gran afluencia de atletas que se achegarán a Ares para sumarse á Milla Urbana 2025, a Concellaría de Deportes vén de facer algún cambios co foco posto en axilizar a celebración do evento e facilitar a súa materialización. Mantendo as categorías, os novos horarios son os seguintes: PREBIBERÓN 11:05 BIBERÓN 11:07 PREBENXAMÍN 11:10 […]
O Concello acondicionará o muro anexo ao CPI As Mirandas

Os traballos de embelecemento e acondicionamento veñen de arrancar recentemente co foco posto en incorporar un novo revestimento e listóns de madeira. Teñen un prazo de execución dun mes por un importe próximo aos 30.500 euros, IVA incluído, asumido entre Concello e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta de Galicia. A […]
Todo listo na cancha: arranca o Campus Chiquibásquet en Ares

O pavillón polideportivo municipal acollerá durante toda esta semana as sesións dirixidas por Chiqui Barros para a rapazada de entre 5 a 22 anos, divididos en grupos en función as súas habilidades e contacto co baloncesto. A iniciativa, na que intervén o Concello, acada así a súa decimosétima edición mantendo o espírito de aprendizaxe e […]
O SendAres 2025-2026 contará con 9 rutas para gozar do deporte e explorar novas paisaxes

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdiWCqKzbSMDX3zkwwUBoFX-HOnTCxI_6EAxaj5ADhz_5eKzw/viewform A Concellaría de Deportes vén de presentar esta mesma mañá a oferta de itinerarios que se organizarán durante o outono e primaveira, cubrindo dende setembro até abril, inclusive. A primeira saída do programa é dobre, con desprazamento e pernocta en León, e dúas rutas nas xornadas do 27 e 28 de […]
XXXII Concurso de Pesca Deportiva en Chanteiro

O Centro Cultural Outeiro de Chanteiro promoveu nesta fin de semana a trixésimo segunda edición do seu certame de pesca deportiva, que actúa ao mesmo tempo a modo de lembranza, ao ser tamén o XXII Memorial Lolo do Outeiro e V Memorial Andrés Pedre. Para pechar o concurso acudiu, ao acto de entrega de premios, […]
A XIX Festa da Cabria: unha homenaxe á cultura mariñeira

Este domingo, o Porto de Redes acolleu unha nova edición dunha das súas celebracións máis características: a Festa da Cabria. Organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares, a xornada puxo en valor a memoria mariñeira impulsando unha programación para mesturar o lúdico coa lembranza da vida pesqueira e contou con […]
Ares volve a estar presente na última edición de Equiocio

Dende o 31 de xullo e até o domingo, 3 de agosto, o municipio aresán contará co seu propio stand en Equiocio 2025, unha cita deportiva ineludible para a comarca arredor da hípica, ademais de ser un evento fundamental para divulgar o patrimonio paisaxístico e os atractivos das localidades de Ferrolterra. De feito, na tarde […]
O Concello aumenta a oferta das súas rutas de sendeirismo cun terceiro itinerario de 10 quilómetros ata Punta Segaño

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, presentou hoxe o novo camiño, que transcore integramente pola parroquia de Cervás e complementa as outras dúas rutas xa existentes. “Incrementamos un dos principais produtos turísticos de Ares cun novo itinerario que xa está aberto para o desfrute da veciñanza e de visitantes, totalmente sinalizado, co seu track en […]
‘Cruza sen mirar’, un proxecto para tender pontes entre dúas emigracións de Ares: a retornada e a que chega

O Concello e Tarabela Creativa, coa colaboración da Agrupación Instrutiva de Caamouco, impulsarán esta iniciativa que pretende poñer en diálogo aos dous colectivos cun videopodcast baseado en entrevistas e un talk show. Durante os vindeiros meses, o equipo de Tarabela Creativa estará na vila para xerar un diálogo que aborde a complexidade do fenómeno migratorio […]
Xa abertas as inscricións para o novo curso de socorrismo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Ao longo dos meses de outono, celebrarase un novo curso de socorrismo para habilitar aos seus participantes no exercicio dos servizos profesionais de salvamento. A formación, impulsada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, é totalmente gratuíta, aínda que quen se inscriba debe facer un depósito de 50 euros, contía a devolver unha vez remate o […]