Ares consegue a súa segunda Bandeira Verde de Galicia

Comparte esta nota de prensa

  • A Xunta outorgou onte á vila este selo que distingue o esforzo local pola paisaxe, a procura da eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos.
  • A concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, recolleu de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a bandeira verde, símbolo do compromiso ecolóxico do concello aresán e da súa veciñanza.

 

Ares volve a contar cun recoñecemento ó labor de sensibilización e impulso medioambiental feito realidade nos últimos tempos grazas ó traballo interconectado da administración local e veciñanza: a Bandeira Verde de Galicia 2025, que se suma á xa obtida en outubro de 2024, constatando o progreso do municipio en cuestións ecolóxicas.

Así se oficializou no acto celebrado onte en Mos (Pontevedra) cos 33 concellos seleccionados este ano para recibir o distintivo, coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira Ángeles Vázquez.

En representación de Ares acudiu a edila de Medioambiente, Lucía Blanco, que salientou a “boa nova que supón para a vila este galardón”, precisamente porque “pon en valor o traballo desenvolto progresivamente a prol da eficiencia enerxética en espazos e edificios públicos, as campañas de sensibilización ambiental, o respecto pola paisaxe ou a posta en marcha de infraestruturas de compostaxe e reciclaxe, coma acontece no caso dos puntos limpos fixos e móbil que temos en Ares”.

Con todo, a Bandeira Verde tamén certifica o esforzo colectivo realizado pola veciñanza, vencellándose coa administración local, para contribuír ó coidado do medioambiente e facendo de Ares un referente en toda Galicia polo seu compromiso coa sostibilidade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.