A riqueza da danza amósase na praia urbana de Ares

Ao peche do día de onte, o areal próximo ao paseo marítimo da localidade foi o escenario da mostra de baile da Escola de Danza Comp-Arte, acollendo un espectáculo onde veciñanza e visitantes puideron gozar dunha boa variedade de coreografías e estilos musicais. A praia serviu como unha contorna natural perfecta para que as bailarinas […]

O ConciliAres comeza coa súa actividade ao longo dos meses de verán

O servizo de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres, iniciou esta mesma semana a súa actividade cos nenos e nenas que participan deste programa chave durante xullo e agosto, axudando ás familias no coidado das crianzas durante as mañás estivais. Agárdanlles aos máis pequenos dende xogos ao aire libre a manualidades ou obradoiros […]

Ares consegue máis de 270.000 euros para a execución de proxectos urbanísticos no municipio

Xunto a estes fondos procedentes de subvencións, o Concello investirá preto de 70.000 euros para materializar 8 intervencións con diferentes obxectivos: dende melloras no Parque Rosalía de Castro á rehabilitación do lavadoiro de Fonte da Tella e adaptación de camiños. Entre a administración aresán e as entidades públicas que subvencionan as obras, a vila contará […]

Listaxe admitidos Auxiliares da Policia Local 2024

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Comisión seleccionadora Auxiliares da Policía Local 2024 Expediente electrónico: 267/2024   A vista das Bases para a contratación en réxime laboral temporal de tres (3) auxilares da Policía Local Aprobadas e iniciada convocatoria de contratación, visto-los preceptos de xeral aplicación, en especial a Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases […]

Ares abre a súa Oficina de Información Turística Municipal

Dende onte, a veciñanza pode acudir a consultar a oferta de actividades do Concello, como as rutas en barco, o servizo de aluguer de bicicletas ou as visitas ao Mosteiro de Santa Catalina, mais tamén informarse dos principais atractivos da localidade. Estará aberta até outubro, inclusive, tanto en horario de mañá como de tarde. O […]

A VII Homenaxe Musical a Gildo Illobre recalará en Ares o domingo 14 de xullo

O evento musical organizarase na Igrexa de San Xosé ás 19:30 h. e contará coas actuacións dos Trovadores de Ares e a Rondalla Mugardesa. A vila conmemorará un ano máis a memoria de Gildo, unha figura fundamental na historia musical da localidade, director de rondalla e acordeonista. Alma Barrón, concelleira de Cultura; Concha Saavedra, madriña […]

Punto limpo móbil instalado na contorna do Porto

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. Lembra que alí podes deixar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

A praia urbana de Ares transformarase en escenario de baile este mesmo mércores

O próximo 3 de xullo ás 20:30 horas reserva un oco na axenda para desfrutar do espectáculo que propón a Escola de Danza Comparte, en colaboración co Concello de Ares. Será unha mostra de diferentes tipoloxías de xéneros e baile  no areal urbano da vila, ao carón do posto de socorrismo, aproveitando así o espectacular […]

O Club de Lectura Municipal pecha o seu curso cun toque moi doce

Libros, café e doce, non hai mellor combinación posible para pechar meses e meses de lecturas e conversas compartidas, e iso tamén o saben no Club de Lectura Municipal de Ares. O venres pasado a Alianza Aresana acolleu a súa última sesión, tendo en conta o parón de actividade nos meses estivais, antes de retomar de […]

Cambio de horario da Casa da Xuventude

A partir de hoxe, 1 de xullo, e até o 15 de setembro, lembra que a Casa da Xuventude cambia ao horario de verán. Estará aberta de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, e tamén os xoves e venres de 20:00 h. a 22:00 h.  

Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” impulsada pola Deputación da Coruña neste ano 2024

Renovación da adhesión coa Deputación da Coruña Campaña de sensibilización “LIBERDADE DE SER E SENTIR!” A renovación da adhesión levouse a cabo o 19/06/2024 Dita renovación desta adhesión compromete ao Concello  á difusión en redes sociais empregando o cancelo #seresentir, utilización das imaxes oficiais e publicidade das actividades no marco da campaña. Foi enviado o […]