Comeza a nova edición do Campus de Verán da Fundación Celta en Ares

Comparte esta nota de prensa

O campo municipal de Prados Vellos acollerá toda esta semana as súas sesións de mellora técnica, que logo se ampliarán a seguinte máis coa modalidade específica de porteiros, a gran novidade neste 2024.

O evento deportivo expón as relación estables entre a Fundación Celta, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol, o Concello e o Numancia de Ares, cun longo percorrido no período estival da vila.

Durante todas as mañás do 15 ao 19 de xullo, rapaces e rapazas de 4 a 16 anos gozarán do fútbol no marco da última edición do Campus de Verán da Fundación Celta en Ares inaugurado hoxe. Monitores do club olívico acompañarán á mocidade no seu proceso de aprendizaxe, procurando un entrenamento de habilidades técnicas e tácticas, pero tamén un desenvolvemento de valores fundamentais como o compañeirismo, o respecto ao outro e o traballo en equipo.

O campo de fútbol municipal de Prados Vellos é o espazo que centraliza toda a actividade do Campus, unha iniciativa que leva dende o 2011 organizándose na contorna aresá, sendo o municipio un dos lugares con máis tradición dentro da oferta lúdico-formativa do Celta; un dato que remarca as relacións sólidas existentes entre o Concello, o  club olívico, a SDR Numancia de Ares e a Federación Galega de Fútbol en Ferrol, os axentes que interveñen directa ou indirectamente na materialización do evento.

O intercambio de coñecementos entre adestradores e xogadores locais, mais tamén o bo ambiente de aprendizaxe, caracterizan un ano máis esta nova edición, que chega cunha novidade: a súa modalidade de porteiros, que achegará formación específica para este perfil futbolístico do 22 ao 26 de xullo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.