20 embarcacións sumáronse á XXX Regata General Gabeiras

Comparte esta nota de prensa

Durante esta fin de semana pasada, a ría converteuse en espazo deportivo coa XXX Regata General Gabeiras-XVI Trofeo Audi-Autogándara, unha iniciativa que xa conta con trinta anos de antigüidade e que supón unha das grandes citas para o Club Náutico Ría de Ares.

O evento aglutinou a 20 embarcacións, reforzando o prestixio da cita para os regatistas da clase a nivel autonómico, e máis tendo en conta que este ano forma parte do circuíto do ‘Trofeo Presidente Xunta de Galicia’, con clubes como o RCN de Sanxenxo, o RCN de Portosín, o MRCY de Baiona e o RCN da Coruña.

Alí estivo tamén Alma Barrón, concelleira de Deportes, para a entrega dos premios na xornada do domingo, 14 de xullo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.