Música para render homenaxe ao legado do aresán Gildo Illobre

Comparte esta nota de prensa

Na tarde de onte, domingo, 14 de xullo, a Igrexa Parroquial de Ares encheuse pola VII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento que se celebra ano tras ano co desexo de lembrar a fonda pegada do noso veciño en Ares e na comarca, falecido en 2015.

 A súa paixón pola música aínda continúa viva na memoria comarcal e a homenaxe,organizada pola Concellaría de Cultura da boa conta disto, incorporando actuacións de Trovadores de Ares e a Rondalla Mugardesa, dúas agrupacións onde Illobre participou activamente.

No propio acto, amais de veciñanza e estreitos amigos del, tamén estiveron Concha Saavedra, a súa viúva; o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; as concelleiras Alma Barrón e Lucía Blanco e Alejandro Pérez, de Bodegas y Vinos Ares, como representante desta entidade colaboradora.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.