Esta semana tampouco paramos na contorna municipal!
Temos exposición de pintura, a Milla Urbana, as nosas festas de San Roque… Unha axenda cultural e deportiva da que non podes perder nada!
Queres moverte con ritmos latinos ou practicar algo de zumba ao aire libre?
Lembra que encaramos xa a última quincena das sesións que se están a realizar na Praza da Constitución de Ares todos os martes (no caso dos bailes latinos) e todos os xoves (no caso de zumba) de 20:30 a 21:30 horas. Xa sabes: é a derradeira oportunidade para desfrutar destas actividades que forman parte da […]
5 actuacións musicais, o Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Santa Catalina, a churrascada-sardiñada do Club de Remo, a entrega de premios do I Torneo Fútbol Sala para nenos de Chanteiro…
A fin de semana pasada en Ares encheuse de actividades para todos os públicos cunha axenda intensa e diversificada, indo dende o musical ao gastronómico ou deportivo, e exemplificando a recuperación dos ritmos da prepandemia. Aquí embaixo atoparás unha recompilación das instantáneas que nos deixaron estes días e nas que houbo, tamén, representación municipal! […]
Comeza unha nova edición do Campus Chiquibásquet Ares
O pavillón municipal acolle dende hoxe e ata o venres, 5 de agosto, as actividades de mellora e aprendizaxe do baloncesto promovidas por Chiqui Barros. Esta mesma mañá vén de arrancar a programación do “Chiquibásquet Ares” nas instalacións do pavillón polideportivo da localidade, un evento que xa alcanza a súa décimocuarta edición. Cunhas preto de […]
O Parque de Rosalía de Castro acolleu o regreso da homenaxe musical a Gildo Illobre este sábado
O Parque de Rosalía de Castro acolleu o regreso da homenaxe musical a Gildo Illobre este sábado, honrando a memoria dun home fundamental na vida musical da comarca e de Ares. Coas actuacións de Coral Estelas do Mar, a Rondalla Mugardesa e Trovadores de Ares, materializouse un evento marcado pola emoción. Nesta quinta edición, Concha […]
A mostra “Paisajes y Marinas de Ares”, do pintor José Antonio Porro, chega á Casa da Xuventude
A exposición abrirase ó público do 3 ao 18 de agosto, de luns a venres en horario de mañá e de tarde, e xa os sábados de 12:00 a 14:00 A riqueza paisaxística de Ares despregarase na próxima mostra pictórica que se organizará nas instalacións da Casa da Xuventude da localidade, xa ao longo deste […]
Esta fin de semana, o Concello promoveu a penúltima ruta de “Ares no Mar”, o proxecto centrado en divulgar o patrimonio litoral e a riqueza paisaxística da localidade.
Preto de 15 persoas percorreron a costa de Ares achegándose durante toda a mañá ás pequenas illas, os farallóns e o resto de elementos que forman parte xa da nosa memoria colectiva, como o Castro de Santa Mariña ou a Cova dos Mouros. A próxima fin de semana desenvolverase a última das 4 rutas, desta […]
XXII CONCURSO DE CASTELOS NA AREA
11 de agosto do 2022 NA PRAIA DO XUNCAL Establécese a posibilidade de participar de xeito individual ou en grupos de non máis de 3 persoas. Cando se opte pola modalidade en grupo, os membros do mesmo deben pertencer todos a mesma categoría de idade establecida (agás na familiar). As categorías son: – Menores de […]
BANDO: Medidas correctoras servizo de auga na zona alta da parroquia de Caamouco
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: O Concello de Ares quere facer participe á súa cidadaníadas incidencias no subministro de auga potable que está a sufrir a zona alta da parroquia de Caamouco, pois esta situación tense acentuado dun xeito preocupante nestas últimas semanas. Antes de […]
BANDO: Recomendación aos propietarios de mascotas da non utilización deste espazo do areal urbano nos horarios indicados
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Infórmase de que o próximo domingo 31 de xullo entre as 14.00 e as 15.00 horas a Confradía de Pescadores de Ares organiza na zona portuaria o lanzamento de dispositivos pirotécnicos tras a procesión marítima en honra da Virxe do […]
Lembra que esta fin de semana, o municipio contará cunha ampla variedade de actividades culturais e deportivas!
As finais do I Torneo Fútbol Sala en Chanteiro; a velada musical con Geno Fernández; churrascada-sardiñada do Club de Remo de Ares; procesion marítima… Un conxunto de eventos para desfrutar deste venres, sábado e domingo!
O Concello organiza unha reunión informativa sobre os próximos pasos do proxecto “As Sereas das Mirandas”
Ao longo do pasado mes de xuño, o salón de actos da Alianza Aresana acollía a presentación dunha iniciativa que desexa achegar a práctica do remo e facilitar o acceso aos beneficios do deporte ás mulleres afectadas polo cancro de mama. Materializábanse así “As Sereas das Mirandas”, un equipo pioneiro a nivel galego co foco […]