Ares conmemora o Día Mundial do Alzhéimer 2022

Comparte esta nota de prensa

A casa consistorial iluminarase de verde durante esta madrugada coma unha forma de sumarse á celebración e apoiar a súa visibilización.

A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, tamén aproveitou a ocasión para visitar o local sociocomunitario municipal onde se realiza un servizo, as actividades de estimulación cognitiva, que é “primordial para as familias aresáns, unha axuda que é tamén un respiro”, segundo as súas palabras.

O consistorio da localidade amosará durante esta noite unha nova iluminación proxectada sobre a súa fachada, exercendo coma homenaxe ó Día Mundial do Alzhéimer que se organiza a nivel nacional este mércores, 21 de setembro. Nesta ocasión, o foco das reivindicacións está non só na necesidade de divulgar a enfermidade, senón tamén na procura dun aumento das investigacións relacionadas con ela.

A maiores da iluminación na casa consistorial, a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, achegouse ó local sociocomunitario municipal onde se veñen organizando diferentes programacións da man de AFAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias), coa estimulación e mellora cognitiva coma liñas principais de traballo.

“É precisamente dende este espazo municipal onde se realiza un servizo que é clave para moitas familias de Ares, un respiro e unha axuda que alivia a carga psicolóxica que poidan sentir. Tamén os afectados polo alzhéimer poden traballar cuns obradoiros que retardan a aparición de certas limitacións na súa vida diaria”, declarou Victoria Montenegro durante a visita.

Ares conta, de feito, cunha unidade permanente de atención de AFAL, o Servizo Específico de Estimulación Terapéutica de Alzhéimer e outras Demencias (S.E.E.T.A) dende o 2019; unha unidade que se consolida coma unha ferramenta básica para loitar contra unha enfermidade que non ten un tratamento farmacolóxico específico e que precisa, pois, dun traballo diario relacionado coa estimulación cognitiva

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado