O Mercadillo Veciñal de Ares celebrarase este domingo!

Será no paseo marítimo, en horario ininterrumpido de 09:00 a 21:00 horas. Decenas de veciños aproveitarán a actividade para vender as súas pezas de roupa, calzado, bisutería e mesmo libros, xogos ou mobiliario, que poden resultar toda unha ganga para algún dos visitantes!

O “Móvete VeraneAres”comeza coas súas sesións de zumba e baile latino!

Onte tivo lugar a primeira sesión de zumba na Praza da Constitución de Ares, como parte do programa de verán do “Móvete VeraneAres” organizado polo Concello. Durante os meses de xullo e agosto, levaranse a cabo as sesións de baile latino e zumba, os martes e xoves, enfocadas no movemento, a música e o deporte. […]

Comezan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

O Concello iniciou esta semana as visitas guiadas en dous lugares de gran valor patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes. Estas actividades turísticas realízanse polo persoal técnico, en horario matutino, de 11:00 a 13:00 horas, sen ningún custo. De agora en diante, os percorridos guiados polo Mosteiro […]

Ares organiza cine de verán ao aire libre para toda a familia

En colaboración coa Deputación da Coruña e a secretaría xeral de política lingüística, a Concellería de Cultura preparou unha nova edición desta actividade, que forma parte da programación cultural local desde fai máis de dez anos. A proposta está dirixida principalmente a un público familiar e contará con películas de animación e comedia aptas para […]

Aínda estás a tempo de apuntarte!

Se te interesa a fotografía, durante as xornadas do 14 e 15 de xullo, terás a oportunidade de participar nun evento especializado en Ares. Trátase do VI Congreso de Fotografía de Longa Exposición, organizado pola Asociación de Fotografía de Ferrolterra, que se desenvolverá durante as dúas xornadas, en horario de tarde, no mosteiro de Santa […]

O servizo do “ConciliAres” inicia as súas actividades

Este luns, a área de Benestar e Igualdade puxo en marcha o programa de conciliación laboral e familiar do “ConciliAres”. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ofrecendo 50 prazas por quincena e enfocándose no coidado dos máis pequenos. Durante as mañás de xullo […]

XXVI TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES

RESULTADOS: Tempos da XVI Travesía a nado Ría de Ares 2023 en pdf SÁBADO 22 DE XULLO DE 2023, 18:00 H. NA RAMPA GRANDE DE ARES Inscricións: https://forms.gle/JgCF4YYDrwUqZS2t6 (Peche de inscricións, prazas esgotadas) Ademáis, o mesmo día da proba disporanse ata 25 prazas para participar que cubriranse por rigorosa orde de inscrición na Rampa Grande […]