Ares camiña polos primeiros compases de xullo da man do deporte

Comparte esta nota de prensa

A área deportiva municipal arrancou entre este luns e hoxe toda a súa oferta para o período estival! O VeraneAres Deportivo 2024 iniciou así os seus xogos nas parroquias, mais tamén o Xuventude Verán Activo e os Campamentos Deportivos Urbanos, tres grandes programacións para que  ninguén quede sen o seu oco para moverse e gozar de actividades tanto na natureza como en contornas urbanas.

Tivemos sesións de kaiak e paddlesurf, volei praia, xogos tradicionais… e outras tantas programacións que permiten aproveitar o enorme patrimonio natural de Ares!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.