O XIII Mercadillo Veciñal saca á rúa libros, manualidades, roupa e outros obxectos de segunda man e artesanía

Comparte esta nota de prensa

Co sol dando comezo aos primeiros compases da última edición do Mercadillo Veciñal do Concello de Ares, profesionais e veciñanza montaron os seus postos para dinamizar durante todo o día de onte, domingo 7 de xullo, o paseo marítimo da localidade.

Polos stands puidemos atopar multitude de produtos distintos para intercambiar, dende vaixelas antigas a libros, DVDs, xoguetes, roupa, calzado ou mesmo xoias artesáns feitas de ganchillo, unha mostra variada a prezos populares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.