Puntos limpos móbiles instalados en Cervás e Barracido (05.05.2026)

Os operarios do Concello instalaron a comezos da semana os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Cervás e Barracido para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos.   Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente!   ♻️ PUNTO LIMPO DE CERVÁS Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. […]

Peche provisional do pavillón polideportivo do 11 ao 16 de maio

Entre os días 11 e 16 de maio, ambos incluídos, o pavillón polideportivo municipal permanecerá pechado por obras incompatibles co seu uso habitual.  En consecuencia, suspéndense todas as actividades e servizos que se desenvolven nesta instalación deportiva municipal nas citadas datas, segundo informa a Concellaría de Deportes. En canto ás Actividades e Escolas deportivas municipais, trasladaranse […]

Ares e os Maios: xantar comunitario, xogos e música para celebrar a chegada da primavera

O pasado 1 de maio, a veciñanza reuniuse no parque Rosalía, no núcleo urbano do municipio, para dar a benvida á primavera nunha xornada festiva. Dende mediodía, os veciños e veciñas puxéronse mans á obra para confeccionar as figuras tradicionais dos Maios con elementos naturais: flores, piñeiro, tuia, laranxas… un xeito de simbolizar a fertilidade […]

Ares promove o benestar da veciñanza cunha sesión práctica sobre o solo pélvico

O pavillón polideportivo municipal acolleu onte mesmo unha nova proposta da Academia AresXSaúde, poñendo o foco no coidado e fortalecemento do solo pélvico. Baixo metodoloxías prácticas, Camilo Prieto, director de MaSSevoluo, dirixu a actividade e axudou ás persoas participantes a achegarse a exercicios básicos para traballar esta musculatura, chave na saúde no día a día. […]

Ares entrega os premios do VI Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos

O Concello e o CPI As Mirandas, organizadores do certame literario, anunciaron o fallo do xurado entre as 113 propostas presentadas: os primeiros premios recaeron en Mara Cartelle e Alba Cartelle, namentres que os finalistas foron Lola Caamaño, Paula Cebreiro e Cecilia Costas, esta última como accésit.   A Alianza Aresana acolleu onte a entrega […]

O Concello de Ares recibe unha axuda por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Actuacións para reducir as infiltracións na Rede de saneamento municipal”

O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 45.000,00 € por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Actuacións para reducir as infiltracións na Rede de saneamento municipal” que ascende a 66.557,89 € financiado ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases […]

O Concello de Ares recibe unha axuda por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Mellora da xestión dixital do ciclo urbano de Ares para minimizar as perdas de auga potable”

O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 45.000,00 € por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Mellora da xestión dixital do ciclo urbano de Ares para minimizar as perdas de auga potable” que ascende a 51.155,56 € financiado ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 […]

O Día do Libro, tamén nos obradoiros de memoria!

Na sesión de onte dos obradoiros de memoria municipais que se promoven na Biblioteca Municipal de Ares, as participantes animáronse a celebrar neste mes de abril a efeméride do Día do Libro. Traballaron conxuntamente para deseñar un pequeno mural que xa está pendurado nas instalacións da Alianza Aresana, sacando a relucir a súa creatividade. Velaquí […]