Ares aborda a violencia de xénero dende a perspectiva dos coidados

O salón de actos da Alianza Aresana congrega durante todo o día a expertas no eido xurídico e social para pensar conxuntamente as fórmulas de prevención e os espazos de riscos dos profesionais dos coidados. A xornada impulsada polo Concello confórmase de 4 conferencias e 1 mesa redonda e xa acada a súa décimo oitava […]

25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para rexeitar a violencia machista en todas as súas formas, sendo conscientes de que continúa a ser unha lacra estrutural da nosa sociedade. Xunto coa programación municipal deseñada para hoxe, a fachada do […]

E a vila celebrou o Día do Músico!

O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Músico 2025. A veciñanza achegouse até alí para desfrutar das súas voces e interpretacións e celebrar unha efeméride que cada ano lembra a […]

O SendAres percorre a impresionante costa de Dexo-Serantes

Este pasado domingo, os participantes da cuarta ruta do SendAres 25-26 gozaron dun percorrido moi mariñeiro entre Seixo Branco e Lorbé, un itinerario fondamente marcado pola morfoloxía litoral.A ruta discorreu polos cantís e sendeiros do Monumento Natural de Dexo-Serantes, un espazo protexido de grande valor natural e no que cobra especial relevancia o Seixo Branco, […]

Ares pecha con éxito a IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle

O pavillón polideportivo municipal converteuse esta fin de semana no escenario da última xornada da Liga Galega de Patinaxe Freestyle, unha cita decisiva que serviu para definir o campionato, finalmente conquistado polo club Alquimia Inline, organizador da proba. Durante toda a xornada do sábado, Ares gozou dun bo ambiente con patinadores e patinadoras amosando as súas destrezas […]

A Academia AresXSaúde principia con gran acollida abordando a xestión emocional

A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día. O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado […]

Ares xa ten o seu calendario municipal para o 2026

Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas.   Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, un evento que […]

Ares contará con dúas actuacións de rondallas para celebrar o Día do Músico

As rondallas de Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda estarán o próximo domingo, 23 de novembro, no Casino Aresano para celebrar o Día do Músico 2025. Os espectáculos musicais das dúas agrupacións, programados pola Concellaría de Cultura, comezarán a partir das 18:30 h. e servirán coma conmemoración dunha data que rende homenaxe […]