Apertura de inscricións para os obradoiros culturais e actividades na Casa da Xuventude

Dende hoxe, 4 de decembro, xa podes inscribirte nos obradoiros culturais e actividades para a mocidade que se promoven en Ares no marco da programación do Nadal 2025-2026. Formaliza a túa reserva de praza de xeito telemático nas seguintes ligazóns: Inscricións para os obradoiros culturais: https://forms.gle/HTxJZy5EfCNy42kE8 Inscricións para as actividades na Casa da Xuventude de […]

O concello de Ares recibe unha axuda por importe de 16.380,09 € para a execución do proxecto “MANTEMENTO DE OBRAS PÚBLICAS” a través da contratación dun desempregado inscrito no Sistema nacional de Garantia Xuvenil

O concello de Ares recibe unha axuda por importe de 16.380,09 € para a execución do proxecto “MANTEMENTO DE OBRAS PÚBLICAS” a través da contratación dun desempregado inscrito no Sistema nacional de Garantia Xuvenil, con que se  financiada sua contratación ao abeiro da ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as […]

Folga no transporte interurbano e escolar da provincia da Coruña

O comité de folga do transporte público de viaxeiros por estrada vén de emitir un comunicado para informar a todos os usuarios que o vindeiro venres, 5 de decembro, non haberá servizo de autobús interurbano nos municipios de toda a provincia de A Coruña. A convocatoria tamén afectará de maneira directa ao transporte escolar, e […]

Ares ilumina os mellores desexos para o 2026 da súa veciñanza

O venres, 5 de decembro, a partir das 18:00 h., o Concello convida ós e ás aresáns a colaborar na decoración da árbore de Nadal na Biblioteca Municipal de Ares, o acto simbólico que dá inicio ao período festivo en Ares. Baixo o nome ‘Ilumina os teus desexos’, a veciñanza poderá pendurar da árbore os […]

Ares principia coa oferta municipal do Nadal: obradoiros tematizados, deporte, teatro, cabalgatas e moito máis ao longo das vindeiras semanas

O Concello vén de desvelar a programación das áreas de Cultura, Deportes e Xuventude que se desenvolverá na vila para que ninguén quede sen pasalo ben neste Nadal. Espectáculos de teatro musical, o XIV Certame de Panxoliñas, a XX Carreira Popular, zumba na Praza da Constitución, Campionato de eSports… unha oferta diversificada que abrangue dende […]

O SendAres habilita as inscricións para a quinta ruta da tempada 25-26

A paisaxe de Cabo Prior a Doniños protagonizará este itinerario de sendeirismo axendado para o 21 de decembro. A reserva de praza abrirá hoxe a partir das 16:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados.   A Concellaría de Deportes vén de anunciar a apertura […]

Puntos limpos móbiles municipais instalados en Cortiñas Gil e Redes (02.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Cortiñas Gil e Redes, para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE CORTIÑAS GIL Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites […]

O MercAres arranca coa súa sexta edición durante os vindeiros dous meses

Dende este 1 de decembro até o 31 de xaneiro, Ares vivirá unha nova edición da campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres 2025-2026. Os negocios adheridos xa teñen os 307 vales-rascas a disposición daquela veciñanza que efectúe unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 80 establecementos que se sumaron […]