Un pavillón municipal cheo para desfrutar do baile

O I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Ares e o Campionato Galego de Danza Coreográfica encheron as gradas do pavillón da vila cunha veciñanza ben disposta a gozar do espectáculo que propuxeron os e as bailaríns. O Club de Baile Deportivo Narón escolleu Ares como a súa sede para as dúas competicións, e a […]
A palabra para loitar contra o esquecemento: Antonio Blanco Carballo presentou en Ares o seu libro sobre as vítimas do franquismo

Este venres pasado, Antonio Blanco Carballo, autor do volume ‘Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’, achegouse até a Alianza Aresana para dignificar e recuperar a memoria de aquelas máis de 900 persoas que sufriron a represión franquista na comarca, sacrificándose pola defensa da democracia e da liberdade. Blanco Carballo […]
O documental ‘Mugardos, lugar dos silencios’ proxectarase este vindeiro xoves na vila

A partir das 19:30 h. deste 20 de novembro na Alianza Aresana, a veciñanza poderá achegarse a esta peza audiovisual dirixida por Vera Varela que afonda na represión franquista na nosa contorna máis próxima, partindo dos testemuños de Loli Vázquez Anido e Pilar Iglesias. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá este xoves, […]
Principian os traballos para a rehabilitación parcial do Mosteiro de Santa Catalina cun investimento de case tres millóns de euros

Tras asinar hoxe a acta de replanteo, a empresa adxudicataria Obras Gallaecia comezará a vindeira semana coa andamiaxe e catas iniciais neste tesouro patrimonial de Ares. O proxecto de rehabilitación parcial contempla intervencións nas cubertas, os claustros, os retablos, as pinturas murais, os aseos ou as carpinterías, contribuíndo a salvagardar o inmoble declarado como Ben […]
A Concellaría de Medioambiente remata a súa última campaña de compostaxe doméstica

O Concello repartiu 50 novos composteiros individuais cunha capacidade de 400 litros entre a veciñanza, para que puidesen colocar no exterior da vivenda, en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos. A rede de compostaxe doméstica conta con preto de 150 composteiros individuais xa instalados, contribuíndo así a mellorar a autoxestión da […]
Ares consegue un novo punto limpo móbil para o seu termo municipal

O Concello vén de recibir o vehículo esta mesma mañá, incrementando así as posibilidades de reciclaxe na localidade e reforzando a infraestrutura verde municipal. Esta nova adquisición supón un investimento de 108.900 euros, sufragado pola Consellería de Medioambiente e Cambio Climático (81.000 €) e o restante (27.900 €) polas arcas municipais. A concelleira de […]
O proxecto “Cruza sen mirar”, deseñado para pensar a migración de Ares, desvela o seu videopódcast

Os veciños Rogelio Ríos, Dioma Diouf e Ernesto López Naveiras dialogan arredor do proceso migratorio, interconectando a emigración galega retornada e a que chega á vila. O equipo de Tarabela Creativa vén de publicar a conversa íntegra na súa canle de Youtube, co patrocinio do Concello de Ares. Un diálogo entre a emigración de […]
Renovación do DNI o 11 de decembro na Biblioteca Municipal de Ares

O 11 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono ☎ 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da […]
Punto limpo móbil instalado en Redes (11.11.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible esta semana en Redes para a recollida de residuos especiais! Lembra que alí podes depositar: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, ✅ Roupa e calzado.
A nova edición do MercAres regresa un ano máis á vila para dinamizar o consumo de proximidade entre a veciñanza

O Concello impulsará do 1 de decembro ao 31 de xaneiro esta campaña de fomento de compras na hostalería e comercio local que contará coa participación de 87 negocios aresáns. Durante esas datas, a administración local repartirá 6.500 euros en forma de vales-rascas distribuídos entre os locais adheridos á campaña, que contarán cun selo identificativo […]
O pavillón polideportivo de Ares acollerá dúas competicións de baile

A primeira edición do Trofeo de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Danza Coreográfica organizaranse este vindeiro fin de semana no pavillón deportivo municipal aresán. Será o domingo, 16 de novembro, a partir das 10:00 h. cando comezará a actividade destes dous certames, que están organizados polo Club de Baile Deportivo de Narón, coa […]
O Concello impulsará unha xornada divulgativa para analizar o impacto da violencia de xénero o 25N

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Alianza Aresana será epicentro dun conxunto de conferencias e mesas redondas con expertas de diferentes eidos, dende o traballo social até o enfoque máis xurídico. 4 conferencias e 1 mesa redonda compoñen o programa desta iniciativa, que recibe o nome de […]