O pavillón polideportivo de Ares acollerá dúas competicións de baile

Comparte esta nota de prensa

A primeira edición do Trofeo de Baile Deportivo e o Campionato Galego de Danza Coreográfica organizaranse este vindeiro fin de semana no pavillón deportivo municipal aresán.

Será o domingo, 16 de novembro, a partir das 10:00 h. cando comezará a actividade destes dous certames, que están organizados polo Club de Baile Deportivo de Narón, coa estreita colaboración do Concello de Ares.

Unha cita imprescindible no calendario!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.