O alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila

Este luns, o alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila —e loitando contra a chuvia!— coma fixeran os seus compañeiros de primeiro curso. Repetiron o mesmo percorrido, visitando a taberna-museo Pedrafeita, intimamente relacionada coa memoria local e os procesos da salazón, amais do porto deportivo e pesqueiro. Subiron ao M. Presas […]
Ares será o primeiro municipio galego en contar cun equipo de remo adaptado para mulleres afectadas polo cancro de mama

O sábado, 11 de xuño, ás 11:00 horas, a Alianza Aresana acollerá a presentación das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo e facilitar o acceso aos beneficios do deporte. A iniciativa vén de materializarse tras a unión de esforzos entre o Concello, a Universidade de Sevilla, o […]
Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]
A Casa da Xuventude de Ares acolle desde hoxe, e ata o vindeiro 23 de xuño, a mostra “Xeitos” impulsada polo Grupo Bazán

Esta tarde tivo lugar a inauguración, na que estiveron presentes a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e os representantes do Grupo Bazán, Carlos Cruz, Fran Suárez, José Amigo, David Souto e Alejandro Martínez Durante o acto de presentación a edil de Cultura lembrou que a exposición, composta por un total de 34 fotografías realizadas por […]
O SDR Numancia de Ares é de primeira rexional e campión de Liga

O SDR Numancia de Ares é de primeira rexional e campión de Liga!! Parabéns a xogadores, equipo técnico, directiva e tamén a toda a afición polo resultado e por todo o esforzo que hai detrás. Máis ca nunca, a #ailusiondunpobo
Todo está xa en marcha dende as Alfombras florales de Ares para que poidamos celebrar unha festa consolidada coma un referente cultural na nosa contorna!

Porén, aínda se precisa a máxima axuda posible para sacar adiante o traballo que implica a preparación do evento. A antiga casa rectoral e as escolas do Lago son os dous espazos habilitados para a preparación do material, como o corte de verde, e que recibirán a toda persoa que desexe botar una man! Ademais, […]
O Concello informa da adxudicación das obras de reforma do local con pista de Seselle e a adecuación do aparcadoiro próximo Á Reitoral

A concellaría de Urbanismo, que dirixe Olimpia Marcos, vén de informar da recente adxudicación de dúas novas obras no municipio: a reforma do local con pista de Seselle e a adecuación do aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil. En canto á primeira delas, a do proxecto de reforma do local con pista de Seselle, servirá para […]
O Concello Informa do comezo das Obras de Conexión da rede de abastecemento no Mazote coa Rúa María e a Real

A intervención, cun orzamento próximo aos 35.000 euros, suporá a conexión da tubería principal na zona do Mazote coas rúas María e Real, aproveitando o ramal para dar un mellor servizo na área A área municipal de Obras e Servizos, a través do seu responsable, José Juan Vilar, vén de informar do inicio este luns […]
Últimas 10 prazas na próxima ruta de sendeirismo!

A concellaría de Deportes lembra que este domingo, 5 de maio, ás 23.59 horas, finaliza o prazo para inscribirse na ruta circular polo río Sor proposta dentro da programación municipal de sendeirismo! Será un itinerario que se porá en práctica o domingo 12 de xuño, e que posúe unha gran biodiversidade e unha paisaxe de […]
Ares acolleu unha nova mobilización para demandar melloras no transporte público convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e comarca

A mobilización desenvolveuse onte ás 20,00 horas diante da Casa do Concello. O acto contou cunha numerosa participación veciñal e estivo respaldado polo alcalde, a edil de Mobilidade e concelleiros de diferentes grupos da corporación municipal O Concello de Ares acolleu na tarde de onte unha nova concentración convocada pola Plataforma por un Transporte […]
Os gañadores do sorteo do DegustAres xa teñen os seus premios!

Ao longo da pasada semana todos os participantes do concurso de pinchos que completaron debidamente a ruta e resultaron gañadores do sorteo recolleron no Consistorio os seus premios: os cheques por valor de 100 euros para empregar no comercio local. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, foi a encargada de facer a entrega a cada […]
A Área de Cultura informa dunha variada axenda para a próxima Semana

A Concellaría de Cultura, que dirixe Alma Barrón, anunciou a programación prevista para o municipio nos vindeiros días, que abrangue unha ampla oferta de actividades, desde unha exposición fotográfica, a presentación dun libro ou un concerto Exposición fotográfica “Xeitos” do Grupo Bazán na Casa da Xuventude Así, a Casa da Xuventude albergará desde o luns, […]