Non esquezas a VI Noite Branca Solidaria en Ares este sábado 15!
Este evento solidario levarase a cabo na contorna do paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas. A Noite Branca Solidaria converteuse nun clásico na axenda do verán. Organizada pola asociación Ares Solidario, co apoio do Concello de Ares, ten como obxectivo principal recadar fondos para Cáritas de Ares. A esencia do estilo ibicenco […]
Primeira proxección do cine ao aire libre
Hoxe, ás 22:30 horas, contaremos coa primeira película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “A todo tren”, un divertido filme de animación para toda a familia que narra as aventuras duns pais na procura duns nenos extraviados. A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración […]
AVISO: CANCELACIÓN DA ACTUACIÓN DE DANZA PROGRAMADA PARA ESTE VENRES
Lamentamos comunicar que, debido á previsión de choiva, cancélase a actuación de danza programada para este venres na praia urbana de Ares. Anunciaremos a próxima data tan pronto como sexa posible!
O Concello adxudica as obras para a recuperación do camiño de As Salgueiras en Chanteiro
A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, anunciou a contratación das obras para a recuperación do camiño das Salgueiras. Esta intervención busca embelecer o litoral da enseada da praia de Chanteiro e permitirá a conexión entre o areal e o centro histórico das baterías da punta do Segaño. O investimento total do proxecto ascende a 79.989,32 […]
O Concello de Ares iniciou a pasada semana os campamentos deportivos de verán!
Un total de 50 nenos e nenas de 6 a 12 anos participan na primeira quenda deste programa que busca favorecer a conciliación familiar e, ao mesmo tempo, a convivencia entre a cativada. As diferentes actividades, que combinan o carácter deportivo, coa parte educativa e tamén a vertente lúdica, servirán para fomentar valores como son […]
Onte levouse a cabo a segunda sesión de baile latino, unha das iniciativas destacadas no calendario deportivo do municipio.
Nesta ocasión, ao redor de vinte persoas participaron nesta actividade. Cabe lembrar que as clases de baile latino son gratuítas, e se levan a cabo todos os martes durante os meses de xullo e agosto, desde as 20:30 ata as 21:30 horas, na Praza da Constitución. Para asistir, é necesario realizar unha inscrición por cada […]
Rematan as obras de rehabilitación do Lavadoiro de A Torre en Cervás
A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou hoxe da finalización das obras de rehabilitación do lavadoiro público de A Torre, situado na parroquia de Cervás. Esta iniciativa municipal contou coa axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través dunha subvención tramitada polo Concello, concedida por importe de 20.000 euros. O […]
Desde onte, o Punto Limpo Móbil atópase instalado en Seselle e permanecerá alí durante toda a semana.
Aproveita esta localización para coidar da nosa contorna e desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta! Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros. Despois da súa estancia en Seselle, o Punto Limpo Móbil continuará o seu itinerario mensual polos lugares de Besoxo e […]
O XI Campionato de Chave “Concello de Ares” levarase a cabo o vindeiro sábado no Parque Rosalía de Ares.
Neste evento, reuniranse ao redor de trinta chaveiros da zona. O parque municipal de Rosalía será a contorna para albergar a undécima edición deste torneo. A partir das 11:00 horas, seis equipos da comarca competirán en dúas quendas polo galardón. Despois dunha intensa xornada de competición, o evento concluirá ao redor das 18:00 horas, momento […]
Este xoves, día 13, temos a proxección da primeira película do ciclo do cine de verán en Ares!
A partir das 22:30 horas, na Praza da Constitución, presentarase “A todo tren” (2021), unha divertida comedia familiar, adaptación dunha película francesa, dirixida por Santiago Segura. Nesta película, seguiremos a aventura dun pai e un avó que asumen a responsabilidade de levar a un grupo de nenos a un campamento de verán. Con todo, debido […]
Ares celebrará a súa sexta edición da Noite Branca Solidaria, un evento que busca recadar fondos para Cáritas.
Esta velada converteuse nun clásico na axenda do verán e terá lugar o vindeiro sábado 15 no paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas. A actividade está organizada pola asociación Ares Solidario, coa colaboración do Concello de Ares. A esencia de estilo ibicenco manterase nesta edición, polo que se anima aos asistentes para […]
O XII Mercado Veciñal de Ares contou coa participación de ao redor de 120 postos, nun evento moi concorrido que se estendeu ao longo do paseo marítimo da nosa localidade.
O mercado dinamizou a contorna municipal e levouse a cabo con gran éxito, mantendo o seu carácter popular e brindando á veciñanza un espazo accesible para o intercambio de produtos.