A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como colofón, todos uníronse para interpretar unha emotiva Cantiga de Santa María nun coro improvisado. Foi unha xornada completa!!!

Notas de prensa
A Oficina de Turismo de Ares atendeu a máis de 3.200 persoas na tempada de verán de 2026
As cifras reflicten un incremento de máis dun 1,8 % no número de visitantes respecto ao verán de 2025, acadando as 3.218 persoas usuarias atendidas









