Mañá, ás 20.30 horas, a Alianza Aresana acollerá un monólogo da famosa tiktoker galega Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna
A polifacética narradora ofrecerá o seu espectáculo “Enredada”, co seu particular estilo e visión humorística dos temas actuais e cotiáns. Esta actuación forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Orgullo Neofalante, que organizou a Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.
Queres probar o tenis de mesa?
A Concellería de Deportes organizou unha xornada de promoción deste deporte, especialmente dirixida aos estudantes do CPI As Mirandas. O evento levarase a cabo este venres 29, desde as 16:30 ata as 19:30 horas, nas instalacións do pavillón deportivo. Ademais, debido ao gran interese nesta actividade, a Concellería de Deportes decidiu planificar unha segunda xornada […]
O Concello anuncia a apertura do período de inscrición para a Segunda Ruta do Sendares 2023-2024
Nesta ocasión, a iniciativa municipal levaranos ás Penas de Traba en Laxe, cun traxecto de 16 quilómetros, co foco posto en explorar a beleza da paisaxe e a cultura local. A partir de mañá, xoves 28 de outubro, ás 18:00 horas, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta nova aventura, con 25 prazas dispoñibles e un […]
Ares sumarase unha vez máis á iniciativa de limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA
A Agrupación Instrutiva de Caamouco únese á súa convocatoria coa colaboración do Concello para levar a cabo a limpeza da praia de Area Morta en Redes. O propósito desta acción é concienciar sobre o impacto do lixo no mar e as praias de Galicia. A actividade está programada para o sábado 7 de outubro, e […]
Ares celebrará o Día do Orgullo Neofalante cunha programación destinada á mocidade e adultos
O xoves 28 de setembro, levarase a cabo un taller de creación de podcasts sobre música en galego dirixido aos estudantes do CPI As Mirandas. Ademais, o venres 29, Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna, presentarase na Alianza Aresana co seu monólogo titulado “Enredada”. A Concellería de Cultura, en colaboración co Servizo de Normalización […]
Listaxe de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal laboral como Oficial De 1ª do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA no Diario de Ferrol o 19/09/2023 e rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte […]
Na décimo sexta edición de “Móllate polos Ríos”, o grupo de voluntarios coordinados pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, uniuse para realizar labores de limpeza na contorna do Mosteiro de Santa Catalina, especificamente no río dos Frades
Durante esta xornada, logrouse retirar aproximadamente 100 quilogramos de residuos que estaban a afectar ao ecosistema fluvial. A contaminación neste río compoñíase principalmente de lixo, botellas, un pneumático e fragmentos de construcións. Unha vez que os voluntarios completaron o seu traballo, os traballadores do Concello serán os encargados da recolección e o tratamento adecuado destes […]
Esta semana, o punto limpo móbil estará operativo en Mariña do Pombal
Os traballadores municipais instalárono hoxe e permanecerá dispoñible para a veciñanza da zona ata o final da semana. Utilízao para refugar os teus residuos domésticos de forma responsable e contribuír ao tratamento apropiado dos mesmos!
Lista Provisional de Admisión e Prazo para Alegacións para a selección do Alumnado Traballador do Proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos
ANUNCIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII”: LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN E PRAZO PARA ALEGACIÓNS Anuncio dos acordos adoptados polo tribunal cualificador na súa sesión do 20.09.2023. Faise público que o tribunal cualificador designado mediante a resolución da Alcaldía número 945/2023, do 14.09.2023, para a selección do alumnado traballador do OEGX “Inicia […]
Esta pasada fin de semana, Ares foi un dos oito municipios nos que recalou o V Festival Internacional de Entes Animados con dúas actuacións que encantaron ao público!
O venres, a compañía italiana Bambabamdin presentou “Arlequiniadas” na Alianza Aresana, unha comedia chea de xiros e aventuras. Mentres, o sábado, Historioscopia de Portugal representou “No conto da Raposa” no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, unha mestura de contos tradicionais e teatro de marionetas. Estas actuacións cunha gran calidade formaron parte dun festival que celebra […]
BANDO: co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 27 de setembro, de 2:00 a 4:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
Comezan as obras para a Renovación do Parque Infantil do Porto
O departamento de Urbanismo do municipio anunciou o inicio das obras esta semana para a creación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano de Ares. Esta iniciativa supón un investimento total de 53,909.27 euros. Os fondos para esta actuación proveñen dunha subvención outorgada pola Dirección Xeral […]