A veciñanza de Ares uniuse hoxe para adornar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada, enchéndoa cos seus mellores desexos para o ano 2024!

Comparte esta nota de prensa

Nun xesto cargado de significado, as familias reflectiron as súas aspiracións máis sinceras escribíndoas e colgándoas na árbore central do parque. Este evento contou coa participación dos máis pequenos, quen, provistos de bolígrafos e bólas decoradas, contribuíron plasmando as súas citas e ilusións.

Membros do goberno municipal tamén estiveron presentes, encabezando a inauguración da iluminación do Nadal en toda a localidade!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.