Ares licita a adecuación do local de Seselle

As futuras obras de reforma do edificio, co obxectivo de habilitalo para usos sociocomunitarios, suporán un investimento de 290.000 euros, derivados do convenio asinado co Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os traballos mellorarán os teitos, a pavimentación do chan, o acondicionamento ambiental e a fachada, entre outros elementos da actual infraestrutura. A Concellaría de […]
DegustAres, unha ruta do pincho para gozar da gastronomía local

A Concellaría de Turismo e Comercio estreará un concurso de tapas, en colaboración co tecido hostaleiro de Ares, que promove o consumo local durante dúas fins de semanas de maio. A hostalería de Ares terá un espazo para amosar o valor gastronómico dos seus pinchos no mes que vén dentro da iniciativa do “DegustAres”, o […]
O Concello presenta a segunda edición do Ares Ultramarino

O selo inclúe cursos formativos para hostalería e empresas locais, unha charla divulgativa sobre cultura ultramarina e a propia celebración do Ares Indiano. A súa posta en marcha axuda a indagar na relación que se mantén co mar dende un enfoque completo e integral. A historia, o turismo e a cultura mestúranse nunha mesma planificación. […]
Pleno do día 6 de abril 2022
Pleno Municipal Sesión extraordinaria Descargar pdf
Campaña de trampeo primaveral da avespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de publicar unha guía que recompila consellos e boas prácticas para acometer un trampeo eficiente de velutinas, tendo en conta que é precisamente nesta estación do ano cando esta tipoloxía de avespas comeza a saír do seu letargo invernal. O Concello de Ares, que colabora con AGA na […]
O proxecto para a acollida de nenos e nenas saharauís, “Vacacións en Paz”, regresa a Ares

O Concello e a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí asinan un convenio de colaboración para promover este programa de traslado de menores dende Tindouf (Alxeria), evitando así os meses de verán con maior impacto para a saúde. O establecemento da nova normalidade, tendo en conta as actuais circunstancias sanitarias a nivel nacional e autonómico, […]
Alumnado do CPI As Mirandas inaugura un museo sobre Ares e a súa historia

O vestíbulo da Alianza Aresana transfórmase dende onte para amosar a exposición que organizaron nenos e nenas de 2º de primaria sobre a identidade local da vila. Durante as próximas xornadas, a biblioteca municipal da localidade converterase nun museo aberto á veciñanza sobre a cultura, o patrimonio e o pasado de Ares. “O noso museo”, […]
A Alianza Aresana acolleu a presentación da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares

O municipio contará a partir de agora cunha agrupación de voluntarios e voluntarias que traballarán pola divulgación, sensibilización e acompañamento desta enfermidade. Na tarde do venres pasado, 1 de abril, a delegación da Asociación Española contra o Cancro formalizaba a súa consolidación na localidade aresán a través do acto de presentación da súa Xunta Local. […]
Ares concéntrase para amosar o seu compromiso con Ucraína e coa solidariedade entre pobos

A veciñanza, representantes municipais do goberno local, o tecido asociativo e tamén as actuais familias ucraínas residentes en Ares asistiron á concentración realizada no núcleo urbano da localidade. O acto de apoio a Ucraína organizado polo Concello arrancou onte na Praza da Constitución da vila en tres linguas. O galego, o castelán e o ucraíno […]
O teatro achégase á Escola Infantil da Galiña Azul de Ares

Paula Regueiro e Lucía L. Golán, ambas actrices tituladas, desembarcaron co seu espectáculo “Que animaliño é?” cargado de música, animais e diversión! A escola da Galiña Azul acolleu este venres pasado unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos e pequenas coñezan e recoñezan as cousas do seu redor a través da estimulación […]
Ares e outros 10 municipios conclúen que as modificacións do plan de transporte non solucionan os problemas na comarca

Nun escrito de alegacións dirixido á Dirección Xeral de Mobilidade sinalan os puntos críticos da proposta da Xunta de Galicia. O Concello de Ares, xunto con A Capela, Cabanas, Miño, Monfero, Neda, Ferrol, Narón, Fene, As Pontes e Pontedeume veñen de enviar un escrito á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta coas alegacións á recente […]
O Concello invita a toda a veciñanza a sumarse ó acto de apoio á poboación de Ucraína

Lembramos que este domingo, 3 de abril, o Concello invita a toda a veciñanza a sumarse ó acto de apoio á poboación de Ucraína. O evento producirase ás 11:45 horas na Praza da Constitución e contará tamén co seu valor simbólico. Membros de familias ucraínas residentes en Ares lerán a declaración institucional aprobada no pleno […]