O Concello renova o sistema de lectura de contadores de auga

Comparte esta nota de prensa

A modernización supón un investimento de 50.000 euros, asumidos polos fondos municipais

O concelleiro de Servizos, Jose Juan Vilar, informou hoxe da finalización do proceso de renovación de contadores na localidade, unha mellora xeral do equipamento que conlevou o cambio de 678 aparatos de medición do consumo de auga.

A actuación vén de realizarse en cumprimento do establecido na Orden Ministerial ICT 155/2020 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que expón a obriga de substituír os contadores de auga que teñan máis de 12 anos –a media de vida útil deste equipamento–, fixando un prazo máximo de cinco anualidades para acometer a renovación.

Segundo a información remitida pola Concellaría de Servizos, a mellora implica un investimento de 50.000 euros, IVE incluído, e desembocará nunha xestión máis óptima da medición. Así mesmo, este proceso de modernización continuará ao longo da próxima anualidade, con novas accións planificadas na mesma liña, superando a renovación de milleiro e medio de aparatos métricos unha vez estean finalizadas todas elas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.