O Concello de Ares informa da publicación das bases para o Obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil INICIA VII, que comeza a finais de setembro.

Comparte esta nota de prensa

A selección do alumnado será a través do Concello de Fene e o SEPG.

As persoas aspirantes deberán ter 18 anos ou máis de idade e menos de 30, así como estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Empleo de Galicia.

Os alumnos/as recibirán o salario mínimo interprofesional e formación na especialidade de FÁBRICA E MONTAXE DE INSTALACIÓN DE TUBAXE INDUSTRIAL (nivel 2, require ESO ou equivalente).

A selección de persoal directivo, docente e administrativo farase mediante convocatoria pública. O prazo para presentar instancias é de tres días hábiles a partir da publicación no BOP (06/09/2023).

Se estás interesado/a, podes ampliar información ou resolver dúbidas contactando co departamento de Axentes de Desenvolvemento Local do Concello de Ares a través do correo adl@concellodeares.com e os teléfonos 689242598/608332213  

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” en pdf

BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” en pdf

Anuncio BOP: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/09/06/2023_0000007196.html

Pódeche interesar