No marco do Reinicia IX, o obradoiro dual de emprego teórico-práctico, o alumnado-traballador das especialidades de “Traballos de carpintería e moble” e “Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería” achegáronse hoxe ata Xermade, en Lugo, para ver in situ como funciona unha empresa dese sector!

Comparte esta nota de prensa

Realizaron un percorrido polas instalacións da empresa Xardinor, centrada na fabricación de mobiliario de xardín, sinalización e obra civil, e observaron como é a instalación do denominado coma “autoclave”.

A autoclave convértese nun dos procesos máis importantes para a proteción da madeira, principalmente porque se consegue que o material teña unha maior durabilidade fronte a acción de fungos ou insectos, e ata axuda a que aumente a súa protección contra o lume.

Xunto á comprensión deste proceso, o alumnado-traballador tamén viu o espazo onde se mecaniza a madeira, se arman os elementos e se embalan, xunto coa zona de montaxe. Unha visita didáctica que complementa os contidos que se desenvolven na aula dentro de cada certificado de profesionalidade!

Aquí embaixo atoparás algunhas fotografías desta mañá!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña