Ares, representada na Asamblea Anual da Asociación de Municipios Indianos do Norte

As concelleiras Alma Barrón e Lucía Blanco asistiron esta mañá á reunión da rede de municipios indianos da que forma parte Ares dende 2020; unha asociación integrada por sete localidades cun excepcional legado de orixe indiana que suma esforzos para construír unha experiencia de turismo cultural de primeiro nivel. Esta asamblea anual produciuse en Ribadeo, […]

No marco do Reinicia IX, o obradoiro dual de emprego teórico-práctico, o alumnado-traballador das especialidades de “Traballos de carpintería e moble” e “Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería” achegáronse hoxe ata Xermade, en Lugo, para ver in situ como funciona unha empresa dese sector!

Realizaron un percorrido polas instalacións da empresa Xardinor, centrada na fabricación de mobiliario de xardín, sinalización e obra civil, e observaron como é a instalación do denominado coma “autoclave”. A autoclave convértese nun dos procesos máis importantes para a proteción da madeira, principalmente porque se consegue que o material teña unha maior durabilidade fronte a […]

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Lucía Blanco, asistiu onte á xornada inaugural do congreso internacional “Apuntando ao mar” sobre as defensas costeiras da Costa Ártabra.

Organizado pola Deputación provincial da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño, reunirá estes días na cidade naval a expertos nacionais e de diferentes países europeos, que achegarán a súa visión sobre as defensas da costa ao longo da historia e o seu potencial como polos de dinamización turística. De feito, a […]