Ares, representada na Asamblea Anual da Asociación de Municipios Indianos do Norte

Comparte esta nota de prensa

As concelleiras Alma Barrón e Lucía Blanco asistiron esta mañá á reunión da rede de municipios indianos da que forma parte Ares dende 2020; unha asociación integrada por sete localidades cun excepcional legado de orixe indiana que suma esforzos para construír unha experiencia de turismo cultural de primeiro nivel.

Esta asamblea anual produciuse en Ribadeo, que se incorpora este 2023 á rede coma segundo concello galego despois de Ares. Ambos termos municipais, xunto con Balmaseda, Boal, Comillas, Medio Cudeyo, Pradoluengo e Ribadedeva, traballarán a prol de mellorar as súas celebracións indianas e difundir un pasado do que se sinten orgullosos.

Entre as propostas que se trataron na reunión, atópase a posible realización de novos obradoiros tematizados, coma por exemplo de liado de tabaco; a actualización de materiais turísticos da rede ou a confección dunha revista, Experiencia Indianos del Norte, que achegue unha panorámica da labor da asociación.

Pódeche interesar