O Cor L’Antàrtida ofreceu dous concertos en Ares esta fin de semana!

Os asistentes desfrutaron cada intre das actuacións, que contaron cun variado repertorio e unha magnífica interpretación vocal. Agradecemos a súa visita á localidade e agardamos poder darlles a benvida de novo nun futuro próximo!
O Concello anuncia o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón

Unha vez máis, a área de Cultura do municipio organiza este certame artístico, premiando con máis de 2.000 euros en total. Do 4 ao 12 de setembro recibiranse obras de temática libre, creadas con óleo ou acrílico. Durante o acto celebrado esta mañá no consistorio local, Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Paula Fojo, presidenta […]
A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXVI Edición

As inscricións abriranse mañá, 5 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadaspor esta vía. O Concello anunciou a próxima celebración da XXVI Edición da Travesía a nado Ría de Ares, un evento que logrou consolidarse nos seus vinte e cinco anos de historia. A organización resaltou o seu enfoque popular en lugar de competitivo, co […]
Lista definitiva admitidos/as excluidos/as para contratación laboral temporal de seis Auxiliares da Policía Local 2023
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 14 de marzo do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS AUXILIARES DA POLICIA LOCAL.” Publicado anuncio da Convocatoria no Diario de Ferrol en data 10/06/2023. Aprobada a lista provisional […]
Proposta de contratación de dúas prazas de peóns de obra pública ao abeiro da Resolución do 20 de marzo de 2023 da Secretaria Xeral de lgualdade
Senda as 11,00 horas do día 30 de xuño do ano 2023, reúnese a Comis ión Seleccionadora nomeada por Decretos da Alcaldía nº 0374 e 0379 de datas: 22/06/23 e 26/06/2023, respectivamente coa finalidade de proceder á proposta de contratación de dúas prazas de peóns de obra pública ao abeiro da Resolución do 20 de […]
Primeiras sesións de bailes latinos e zumba no Concello de Ares

Comeza a programación deportiva de VeraneAres coas actividades de baile, que se prolongarán durante os meses de xullo e agosto. O Concello de Ares inicia ao longo dos primeiros días deste mes a súa oferta deportiva incluída na programación de VeraneAres. Así, durante a xornada de mañá impartirase a primeira clase de baile latino na […]
A Anpa da escola infantil “Galiña Azul” en Ares lanza unha iniciativa de recollida de libros usados!

Se tes libros de 0 a 3 anos en bo estado podes doalos deixándoos na rúa Xasmín nº13, do 3 ao 10 de xullo, de luns a venres, de 8:00 a 16:00 horas. Únete á campaña “Deixa que os contos viaxen” e comparte a maxia da lectura!
O Congreso de Fotografía de Longa Exposición regresa ao Mosteiro de Santa Catalina, na súa sexta edición

Durante as xornadas do 14 e 15 de xullo, en horario de tarde, Ares converterase no epicentro do evento dedicado á fotografía, con charlas e presentacións sobre imaxes diúrnas e nocturnas. O Congreso LEA de Ares ofrecerá aos participantes unha visión xeral da fotografía, incluíndo a iluminación de ruínas, técnicas como a astrofotografía ou o […]
O Concello anuncia a renovación do Parque Infantil do Porto en Ares

A área municipal de Urbanismo informou hoxe sobre a próxima dotación dun parque infantil completamente novo que substituirá ao existente na zona do Porto, no núcleo urbano da localidade. A concelleira Olimpia Marcos comunicou o inicio do proceso de contratación. O proxecto foi publicado onte na Plataforma de Contratación do Sector Público, e o prazo […]
Na última reunión do club de lectura municipal, que tivo lugar esta mañá, os quince membros congregáronse para analizar e debater a obra “Hasta donde termina el mar” de Alaitz Leceaga.

A novela espertou un animado intercambio de ideas ao redor de diversos temas, como os segredos familiares, a vinganza e o poder redentor do amor. Durante o coloquio, os asistentes exploraron a habilidade de Leceaga para crear personaxes complexos e realistas, o cal xerou o interese dos lectores. Ao finalizar a sesión, os participantes despedíronse […]
Abre a Oficina de Turismo de Ares con servizos de guía no Cabido de Santa Catalina e o Alboio de Redes

A caseta de Turismo vén de poñerse en marcha para atender o fluxo de visitantes que recibirá a localidade nas próximas semanas. Así o anunciou a Concellería de Turismo, precisando o seu horario de apertura e os servizos que se prestarán durante o período estival. A Oficina de Turismo estará aberta de luns a venres, […]
O concello de Ares recibe unha axuda da financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2023
O concello de Ares recibe unha axuda da financiado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondentes ao Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2023, por un importe de 25.219,43€. O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza […]