Segunda charla divulgativa ao alumnado do CPI As Mirandas no marco do proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’

Esta mesma mañá, estudantes de sexto de primaria do CPI As Mirandas acudiron ao Centro Cultural Outeiro de Chanteiro para achegarse de novo, como xa se fixera ao peche do mes pasado, ao produto do litoral da nosa contorna a través dunha charla divulgativa con profesionais do eido mariñeiro. Así, os representantes da Confraría de […]
Ares celebrará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N) cunha ampla xornada divulgativa sobre a materia

Con entrada libre e inscrición totalmente gratuíta via telemática, o salón de actos da Alianza Aresana transformarase en espazo de debate e reflexión o luns, 25 de novembro. ‘Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e autocoidado’ é o nome que recibe toda a xornada, a desenvolver en horario de mañá e de tarde, […]
Nenos e nenas do CPI As Mirandas achéganse ao Concello para pensar o turismo de Ares dende a óptica da infancia

Recibiuse esta mesma mañá no consistorio de Ares unha delegación especial: preto de 70 alumnos e alumnas de 1º de Primaria do CPI As Mirandas visitaron as instalacións do Concello para coñecelo, aprender como se desenvolve a institución no día a día e falar coa concelleira de Turismo, Lucía Blanco, que os atendeu e lles […]
Aviso: Corte de auga

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede de abastacemento, quedará cortada a subministración de auga nas seguintes rúas: Estrada Ares – Redes desde o Alto da Pena ao cruce de Seselle; Seselle; Praia de Seselle; O Raso, desde o cruce de Carballás ata […]
O Concello instala unha nova iluminación nocturna para o Mosteiro de Santa Catalina

A administración local vén de finalizar a colocación de 14 proxectores na fachada posterior e lateral do edificio, unhas obras que contaron cun orzamento de 36.884,52 euros asumidos entre a Axencia de Turismo de Galicia e as arcas municipais. “Co remate desta actuación, logramos completar a homoxeneización da iluminación ornamental de todo o exterior do […]
A Concellaría de Obras e Servizos moderniza o sistema de contadores para minimizar as perdas de auga

Esta semana vén de arrancar o proceso de instalación destes novos dispositivos polos fogares aresáns, de cara a aumentar a eficiencia da rede de abastecemento en todo o casco de Ares. Renovaranse un total de 637 contadores, todos eles cunha antigüedade superior a 10 anos. O concelleiro de Obras e Servizos, José Juan Vilar, vén […]
O XVI Open Dominó de Ares chega á vila o vindeiro sábado, 16 de novembro

O evento, que aglutina ano tras ano a xogadores das catro provincias galegas, celebrarase no Casino Aresano tanto en horario matinal como de tarde, cun parón para xantar. As inscricións xa están abertas vía telefónica contactando co 617 224 820 ou no 634 256 632 cun prezo de 40 euros, incluída a comida. O club […]
O Concello dinamizará o consumo de proximidade cunha nova edición do MercAres

A campaña de fomento das compras na hostalería e comercio local regresará á vila do 1 de decembro ao 31 de xaneiro con 91 negocios aresáns coma participantes. Nesas datas, a institución aresá distribuirá 5.000 euros en forma de vales-rasca repartidos polos negocios adheridos á campaña. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, presentou esta mañá […]
Bases reguladoras que rexerán a selección do persoal directivo, docente e administrativo do proxecto de obradoiro dual de emprego “Reinicia XI” promovido polos Concellos de Ares, Mugardos e Fene
Bases reguladoras que rexerán a selección do persoal directivo, docente e administrativo do proxecto de obradoiro dual de emprego “Reinicia XI” promovido polos Concellos de Ares, Mugardos e Fene BASES OBRADOIRO ”REINICIA XI” Ares-Fene-Mugardos BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DO PROXEC- TO DE OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA […]
Renovación do Documento Nacional de Indentidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares

O 9 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes […]
O programa de ACTÍVATE + 70 arranca coa súa primeira sesión

Neste inicio de novembro, o andar superior da Casa da Xuventude acolleu o inicio de ACTÍVATE + 70, o programa destinado ás persoas maiores para que incorporen un estilo de vida saudable a través de diferentes actividades deportivas adaptadas á súa condición física. Esta iniciativa do Concello encheu a totalidade das 24 prazas, distribuíndose en […]
O alumnado de 2º da ESO do CPI AS Mirandas, premiado no IV Concurso de Ciberseguridade no Cole

Boas novas para a comunidade educativa do CPI As Mirandas: os alumnos e alumnas do segundo curso da ESO resultaron gañadores da IV Edición de Ciberseguridade no cole!, xunto co estudantado do IES Valle-Inclán de Pontevedra e o IES Rosais II de Vigo. No concurso que veñen de gañar participaron preto de 7.500 alumnos de […]