Ares volveu poñerse en marcha contra o cancro

Veciñanza de todas as idades sumouse onte á andaina celebrada na vila para compartir unha mañá arredor dunha causa solidaria: a loita contra o cancro, nunha iniciativa promovida pola Xunta Local da AECC en Ares, coa colaboración do Concello. Dende a praia do Xuncal, as persoas participantes completaron un percorrido de 6 quilómetros polo paseo […]
O cinema de verán xa botou a andar en Ares!

As Escolas do Lago acolleron onte á noite a primeira sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre, unha das propostas familiares integradas na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura. A película escollida para abrir o ciclo foi “¿Quién es quién?”, unha comedia familiar chea de situacións disparatadas arredor dunha familia que […]
Renovación do Documento Nacional de Identidade e pasaporte en Ares o vindeiro 25 de agosto

O vindeiro 25 de agosto, poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou certificados integrados no DNIe na Biblioteca Municipal de Ares, con entrega ao momento. É unha das novidades deste ano no tocante ó proceso de expedición desta documentación, ao continuar co servizo de xeito ininterrumpido tamén durante os meses de xullo e […]
‘Ao Son do Mercado’ comezou coa música de Luis Mera, ‘Lucky’

O Mercado Municipal acolleu onte a primeira sesión deste novo ciclo de música de autor en acústico, integrado na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura. Nesta estrea, o protagonista foi Luis Mera, ‘Lucky’, veciño de Ares, que compartiu co público unha actuación íntima e pensada para escoitar con calma as súas letras e melodías. […]
Chega unha nova edición de ‘Danza na praia’ a Ares

O vindeiro día 10 de xullo, a partir das 19:30 h., achégate até a rampla grande da vila, ao carón do posto de socorrismo, para desfrutar do espectáculo de danza que propón un ano máis Comp·Arte, xunto co Concello 🤝. Unha mostra de baile nun marco natural de primeiro nivel, coa ría como pano de […]
Convócase un curso de socorrismo acuático aberto á veciñanza de Ares e o resto da comarca de Ferrolterra

A formación, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña, contará con 120 horas lectivas e desenvolverase entre setembro e decembro de 2026. O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto até o luns 13 de xullo, a última xornada para formalizar a inscrición. As persoas maiores de […]
A segunda edición da Mostra Pop-up de marcas emerxentes recalará de novo en Ares

O Parque Rosalía de Castro será o escenario natural que acollerá esta representación do talento que hai en Ferrolterra nos accesorios feitos a man, a xoiería ou a moda, repetindo a colaboración entre a marca Martobags e o Concello. Haberá música en directo, comida e os stands con produtos locais á venda. Volve ó […]
Declárase deserto o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2026

O xurado, integrado por Laura Rodríguez Herrera, Blanca-Ana Roig Rechou e Marta Neira, vén de desvelar o fallo do IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares, declarándoo por unanimidade como deserto. O xurado, tras analizar o conxunto de propostas presentadas, determinou que non se acadaron os requisitos de calidade literaria e lingüística e […]
Mañá, 7 de xullo, principia o ciclo de ‘Ao son do mercado’ a partir das 20:30 h.

Tres cantautores estarán no Mercado Municipal de Ares para ofrecer concertos en acústico durante os vindeiros martes deste mes: Luis Mera, ‘Lucky‘, que será o encargado de iniciar a programación musical este día 7 de xullo; Txetxu Altube ( 📅 14 de xullo) e ‘Oso‘ (📅 21 de xullo). A proposta busca reivindicar a música […]
O Concello comeza o vindeiro xoves, 9 de xullo, co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira proxección estará protagonizada polo filme familiar “¿Quién es quién?” e celebrarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 horas. A programación, integrada no VeraneAres 2026, continuará o 23 de xullo con “Kung Fu Panda 4” e o 13 de agosto con “Rondallas”, contando coa colaboración da Rede Cultural da Deputación […]
Ares saíu á rúa para mercar, intercambiar e curiosear no seu XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man

O paseo marítimo encheuse onte de trasfega coa celebración do XV Mercadillo Veciñal de Segunda Man do Concello de Ares, unha cita xa consolidada no verán da vila e que volveu reunir arredor de 120 postos entre particulares, asociacións e profesionais. Ao longo da xornada, veciñanza e visitantes achegáronse para mercar, vender, intercambiar e botar […]
Resultado 4º Exercicio e Resultado Final do Proceso Selectivo para a Cobertura de 1 Praza Vacante de oficial de Primeira Nave Almacén, Persoal Laboral Fixo Incluída na Oferta Pública de Emprego do Ano 2025 do Concello De Ares
ANUNCIO: RESULTADO 4º EXERCICIO E RESULTADO FINAL DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUÍDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES Sendo as 18:21 horas do día 2 de xullo do 2026, reúnese no salón de sesións […]