Xa está aberto o prazo de inscrición para os obradoiros do Día das Bibliotecas 2026!

🗓️ Martes, 20 de outubro 👧 De 3 a 6 anos: ás 16:30 h. 🧒 De 7 a 10 anos: ás 18:00 h. 📍 Biblioteca Municipal 💶 Custo: 3 € 📝 Inscricións a través do seguinte formulario: 👉 https://forms.gle/HXYYMohroXiL4sTs5
Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026. Campioa Absoluta Feminina: Lara Lois García, do CDM Xesteiras, cun tempo de 3:35:29. Campión Absoluto Masculino: Ángel Maneiro Rodríguez, do Toxo, P.C., cun tempo de 2:55:26. Na categoría Júnior feminina, […]
O SendAres 2026-2027 ofrecerá sete rutas para descubrir o patrimonio natural de Galicia a través do sendeirismo

A Concellaría de Deportes presenta unha nova programación con itinerarios entre outubro e maio, que combinarán percorridos polo municipio de Ares con rutas por algúns dos espazos naturais máis destacados de Galicia. O programa inclúe propostas nas Fragas do Eume, o litoral de Ares e Cervás, o Val de Cambás, Estaca de Bares e a […]
O Concello de Ares Completa a Renovación do Alumeado Público da rúa da Igrexa de Cervás para mellorar a Eficiencia Enerxética

A actuación permitiu substituír 29 luminarias por equipos LED, renovar tramos de cableado deteriorados e instalar un novo poste de formigón. O proxecto contou cun investimento de 38.251,54 euros, financiado nun 75 % polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e nun 25 % polo Concello de Ares. A nova instalación permitirá reducir […]
Aberto o prazo para participar no X Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura e da OMIX, organiza esta décima edición en colaboración co CPI As Mirandas, co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade e achegar a súa mirada á identidade e á contorna do municipio. O concurso convida a fotografar paisaxes, lugares, festas, espazos ou momentos da […]
Ares celebra o Día das Bibliotecas 2026 cunha programación infantil e familiar

A Concellería de Cultura do Concello de Ares conmemora o Día das Bibliotecas 2026 cunha programación especial de actividades dirixidas ao público infantil e familiar, que se desenvolverán na Biblioteca Municipal entre o 20 e o 23 de outubro. A proposta comezará o martes 20 de outubro con dous obradoiros adaptados ás diferentes franxas de […]
O alumnado de Ares achega a súa mirada do mar ao Mercado Municipal

A rapazada do Concello de Ares convértese en protagonista dunha nova iniciativa do GALP Golfo Ártabro Norte, cofinanciada polo FEMPA e a Xunta de Galicia, que busca poñer en valor a nosa cultura e tradición mariñeira a través da creatividade da mocidade. Primaria: “A miña peixería e máis eu”, certame de debuxo. 1º a 4º […]
Ares promove a reparación e reutilización da roupa con novos obradoiros de costura creativa

O Concello de Ares pon en marcha este mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil na Casa Rectoral, unha iniciativa orientada a fomentar o consumo responsable, a reutilización e a economía circular. Ao longo das diferentes sesións, as persoas participantes poderán adquirir coñecementos básicos de costura e aprender técnicas […]
O Concello de Ares reforza a súa aposta pola compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros á veciñanza

O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Quen pode […]
Tarde de contos na Biblioteca Municipal

O pasado xoves, a Biblioteca Municipal de Ares acolleu o contacontos «Un monstro moi larpeiro», da man de Marisa Irimia, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. As nenas e nenos desfrutaron dunha tarde chea de historias, risas e imaxinación arredor dos libros e da narración oral. Grazas a Marisa Irimia e a todas […]
A praia do Raso acollerá a XV Limpeza Simultánea de Praias

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares e no marco da iniciativa promovida por ADEGA, participará na XV Limpeza Simultánea de Praias, que se celebrará o vindeiro domingo 18 de outubro. A actividade desenvolverase na praia do O Raso, en Caamouco, e está aberta á participación da veciñanza e de todas […]
A Biblioteca Municipal de Ares suma un novo recoñecemento María Moliner!

Ares volve ser distinguida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, nesta ocasión cunha achega de 2.777,77 euros, que permitirá seguir reforzando o fondo bibliográfico e os recursos da biblioteca. A proposta premiada, «Entre libros, talleres e xogos… imos medrando», aposta por achegar a lectura á infancia a través de tres piares fundamentais: Libros, […]