Ares celebrará o Samaín cunha tarde de actividades para toda a familia

O Concello de Ares organiza o vindeiro venres, 30 de outubro, unha nova edición da festa do Samaín, unha proposta que combinará misterio, diversión e tradición para que veciñanza e visitantes poidan gozar dunha tarde especial en familia. A celebración dará comezo ás 17:00 horas na praza da Constitución, cunha programación pensada especialmente para o […]
O Concello de Ares reforza o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas» con novo equipamento deportivo financiado polo FEMPA
O Concello de Ares continúa impulsando o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas», unha iniciativa de inclusión social e promoción do benestar físico e emocional dirixida a mulleres que padeceron cancro de mama, a través da práctica do remo adaptado e doutras actividades deportivas vinculadas ao territorio. No marco da anualidade 2026, […]
Unha cadea humana en solidariedade coa loita contra o cancro de mama

O vindeiro 25 de outubro, ás 13:00 h, a veciñanza de Ares volverá collerse das mans para formar unha cadea humana e conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. A iniciativa, organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en Ares, coa colaboración do Concello, busca amosar o […]
O Concello de Ares organiza unha nova actividade gratuíta de tenis de mesa para adultos

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, pon en marcha unha nova actividade de tenis de mesa dirixida á poboación adulta, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, promover hábitos de vida saudables e ofrecer un espazo de lecer e convivencia arredor do deporte. As sesións celebraranse os días 23 e […]
A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Ares e dentro do ciclo «Outono das Artes», presenta «Remelexo», o espectáculo multidisciplinar do dúo Baraza

Alberte (acordeón diatónico) e Uxía (frauta e voz) combinan música, vídeo e texto para contar a historia de Diniña, reflexo da emigración galega ao Brasil , unindo os sons tradicionais de ambas as dúas beiras do Atlántico Data e hora: 24 de outubro ás 20:00 h Lugar: Alianza Aresana Entrada: De balde ata completar aforo […]
Ares conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Xunto coa cadea humana que se celebrará este 25 de outubro ás 13:00 h, no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o 19 de outubro, Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica, concienciar á sociedade e reivindicar máis recursos na súa […]
A batería da Bailadora abre as súas portas con dúas visitas guiadas polas Xornadas Europeas do Patrimonio

O Concello de Ares colabora nas Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña, que inclúen no seu programa dúas visitas guiadas á batería da Bailadora, en Ares, para achegarse a este espazo patrimonial. Venres, 23 de outubro Primeira visita: 11:00 h Segunda visita: 13:00 h Todas as actividades do programa son gratuítas, pero é […]
Ares acolle o X Torneo de Xadrez “Concello de Ares”

O vindeiro 25 de outubro, o Casino de Ares converterase no punto de encontro para as persoas afeccionadas ao xadrez cunha nova edición deste torneo, organizado polo Círculo Ferrolano de Ajedrez, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio do Concello de Ares. A competición disputarase mediante un sistema suízo de 7 sesións, […]
O Concello de Ares continúa cos obradoiros de costura creativa e reutilización téxtil

Xa están en marcha na Casa Rectoral os obradoiros para aprender técnicas prácticas de costura, reparar prendas e darlles unha nova vida, fomentando o consumo responsable e a economía circular. Próximas sesións na Casa Rectoral: Xoves, 29 de outubro | 11:00–13:30 h: Aprende a reparar Xoves, 29 de outubro | 16:00–18:30 h: Baixos e acabados […]
O Concello de Ares continúa cos Obradoiros de Aproveitamento Alimentario

O Concello de Ares continúa cos Obradoiros de Aproveitamento Alimentario Tralas primeiras sesións celebradas na Casa Rectoral, o Concello lembra que continúan os obradoiros para aprender trucos prácticos na cociña e reducir o desperdicio alimentario. Próximas datas, de 17:30 a 19:30 h na Casa Rectoral: Mércores, 22 de outubro Xoves, 23 de outubro Venres, 30 […]
15 de outubro | Día Internacional do Duelo Perinatal e a Perda Xestacional

O Concello de Ares iluminouse esta madrugada de azul e rosa para sumarse a esta xornada de sensibilización e visibilización do duelo perinatal e a perda xestacional. Unha data para dar visibilidade á dor que supón a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida. Dende […]
Aberta a inscrición para a primeira ruta do SendAres 2026-2027!

🌿 Senda dos Cerqueiros e miradoiro da Carbueira 📅 25 de outubro 🕣 Saída ás 8:30 h e chegada ás 14:30 h 📍 Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares 📏 Percorrido: 12 km ⛰️ Desnivel: 315 m 🥾 Dificultade: media 👥 Prazas limitadas: 25 persoas 💶 Prezo: 20 € 🌳 Unha oportunidade para […]