15 de outubro | Día Internacional do Duelo Perinatal e a Perda Xestacional

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares iluminouse esta madrugada de azul e rosa para sumarse a esta xornada de sensibilización e visibilización do duelo perinatal e a perda xestacional.
 
Unha data para dar visibilidade á dor que supón a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida.
 
Dende o Concello de Ares queremos transmitir todo o noso agarimo, apoio e respecto ás nais, pais e familias que atravesan esta experiencia.
 
Dar voz a esta realidade, acompañar no duelo e lembrar con dignidade a quen sempre deixará unha pegada imborrable nos nosos corazóns. 

Pódeche interesar