Fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA: ventos no Noroeste da Coruña

 A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informou no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel LARANXA 🟠 (Risco importante) por VENTOS que afectará ao Noroeste da Coruña dende a media mañá de hoxe, 📅 11 de febreiro.   As previsións contemplan refachos fortes que poden acadar ata os 100 km/h.   Prégase tomar medidas […]

Folga indefinida no transporte en autobús da provincia da Coruña dende hoxe, 11 de febreiro

A folga no sector do transporte en autobús da provincia da Coruña adquire finalmente carácter indefinido dende hoxe, 11 de febreiro, con paróns que poden afectar aos servizos regulares e escolares da contorna de Ares. A convocatoria de carácter indefinido estará supeditada, segundo a información actual, á reunión prevista para este mesmo xoves. A relación […]

Renovación do DNI en Ares o vindeiro 11 de marzo

Na xornada do 11 de marzo, poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou certificados integrados no DNIe na Biblioteca Municipal de Ares, con entrega ao momento. Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Con todo, é imprescindible […]

‘Xubilactívate!’: unha mirada á xubilación cun estilo de vida saudable

A Academia AresXSaúde propón unha sesión centrada no benestar durante e tras o proceso de xubilación, analizando o cambio de roles que conleva esta etapa. A charla divulgativa estará impartida por Sofía Puente Saavedra e impulsarase o 27 de febreiro no CIRS de Cervás, mais precisará inscrición previa dende este xoves, día 12, no Departamento […]

‘O amor e as súas perspectivas’: un encontro con narradoras galegas para afondar nas particularidades e temáticas da novela romántica

Abril Camino —Premio Xerais 2025—, Mav Alonso —Premio Círculo Rojo á mellor Novela Romántica 2024— e Rocío M. Bouzón —tamén poeta e bookstagramer con varias novelas dentro da literatura romántica— achegaranse até Ares para compartir as súas visións sobre o xénero literario. O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o faladoiro o vindeiro mércores, […]

Traballos de mantemento do grupo Naturgy na rede eléctrica o 9 e 10 de febreiro

A empresa Naturgy vén de comunicar ao Concello que, ao longo dos días 9 e 10 de febreiro, efectuará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica entre as 9:00 e 12:00 h., deixando fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo. […]

Ares ilumínase contra o cancro

Na noite deste pasado 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a fachada da casa consistorial tinguiuse de verde como xesto simbólico de apoio e solidariedade ás persoas que padecen esta enfermidade oncolóxica, mais tamén ás súas familias e achegados. A través desta iluminación especial, o Concello quixo sumarse á conmemoración dunha data impulsada […]

Comezan as inscricións para a sétima ruta do SendAres

Bosques atlánticos e saltos de auga e caracterizarán esta experiencia deportiva onde se ascenderá até a serra do Forgoselo, no tramo Narahío-San Sadurniño. A reserva de praza abrirá hoxe, a partir das 16:00 h., primeiro para empadroados/as ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda do resto de persoas.   A […]