O Corpus Christi de Ares, un exemplo de compromiso colectivo

Esta fin de semana, a vila de Ares celebrará un ano máis as súas Alfombras Florais, unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que achegará mantos de flores a modo de arte efémero polas rúas do núcleo urbano da localidade. Con todo, o esforzo para materializar esta celebración arranca canto menos un mes atrás, […]
Punto limpo móbil instalado en Pedrós

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil municipal na contorna de Pedrós, permanecendo alí toda a semana para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
QUERE O TEU MERCADO 2024

No marco do Día Internacional do Mercado que se conmemora cada 25 de maio, a Concellaría de Comercio sumouse de novo á campaña Quere o teu Mercado, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coas administracións locais para apoiar, promocionar e visibilizar o papel destes puntos fundamentais para a dinamización económica e social. O […]
XVI Edición do Campus Chiquibásquet

Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade.
Ares acollerá a XVI Edición do Campus Chiquibásquet

Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade. As inscricións abren hoxe, 24 de maio, até o 26 de xullo ou o esgotamento das 40 prazas habilitadas baixo un prezo de 50 euros. A concelleira de Deportes, Alma Barrón; o […]
Chega a Ares a novena edición da Feira Rociera Solidaria

Un ano máis, a Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello e a Xunta Local da Asociación Española contra ao Cancro, organizará mañá, 25 de maio, na Praza da Constitución, este evento cheo de música, desfiles e vestidos que nos levan ao pleno sur da Península Ibérica. A iniciativa arrancará ás 18:30 horas co desfile […]
O 5 de xuño poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares

Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade e que durante os meses de xullo e agosto […]
Ares e Mugardos conmemoran o Voto de Chanteiro 2024

Un ano máis Ares e Mugardos celebraron o tradicional Voto de Chanteiro, unha romaría con fondas raíces no noso territorio e que congrega a centos de persoas arredor da Ermida da Mercé. O inicio da tradición está vencellado coa peste que asolou Europa, incluído Ferrol e comarca, durante os primeiros compases do século XV. Na […]
Punto limpo móbil instalado en Lubre

O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Lubre para a recollida de residuos especiais. Permanecerá alí durante toda a semana. Lembra que poderás depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
A Copa de España de Enduro enche Montefaro do mellor ciclismo nacional

A quinta e última proba da Copa de España de Enduro volveu á vila de Ares da man do Club Pulpeiros de Mugardos e converteu a contorna de Montefaro no escenario perfecto para achegarse a unha mostra de ciclistas chegados de todo o territorio nacional. Durante toda a fin de semana, os bikers percorreron os […]
Un Numancia de Campións

Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o seu ascenso, o equipo sénior levouse o Campionato de Liga, mais tamén os seus xuvenís lograron a Copa Ferrol xusto na tarde de onte. A casa consistorial tinguiuse de vermello […]
Música, narración oral, poesía e moita literatura polas Letras Galegas 2024

Ares celebrou o Día das Letras Galegas con dúas programacións por parte da Concellaría de Cultura ao peche da semana pasada, sempre co galo de homenaxear a Luísa Villalta, a poeta que se conmemora neste ano, e á literatura de Galicia. Deste xeito, os versos de Villalta resoaron con forza no salón de actos da […]