Emiliano e Isolina preséntanse en sociedade

Comparte esta nota de prensa

Tras recibir todas as propostas das crianzas da vila, o indiano e a indiana feitos pola veciña Conchi Escudero xa teñen nomes para presentarse con moita máis singularidade: Emiliano e Isolina.

De feito, esta mesma mañá acudiron até a biblioteca municipal aresán Pablo Varela Freire e Martín Sardiña Rodríguez, os gañadores do concurso de nomes que promoveu a Concellaría de Cultura, e recibiron os agasallos polas súas boas ideas para o par de figuras, ademais de retratarse con elas. Con todo, Emiliano e Isolina tamén agradecen a involucración do resto da mocidade na iniciativa.

Os dous xa son uns veciños máis que desfrutarán da oitava edición do Ares Indiano!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.