A lembranza de Lucas Seijo Fernández, moi presente na vila de Ares

#SempreLucas: ese é o lema que sintetiza a celebración este sábado pasado no pavillón polideportivo municipal de ‘Xuntos en Ares, lembrando a Lucas’, unha xornada organizada polo Club Alquimia e o Concello para recordar co deporte que amaba a Lucas Seijo Fernández, o veciño falecido traxicamente en setembro de 2024. Os seus compañeiros e compañeiras de patinaxe brindáronlle un […]

Ares conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Xunto coa cadea humana que se celebrará este 19 de outubro ás 13:00 h. no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica –o tumor máis diagnosticado no mundo—, concienciar á sociedade e reivindicar máis […]

Luz, cámara e acción! Ares acolle unha nova gravación audiovisual para Prime Video

A trasfega era constante no principio desta mañá na rampla grande de Ares: materiais de son e iluminación, carpa, cámaras, pértigas… a produtora VacaFilms, que xa estivera no municipio aresán responsabilizándose da gravación da serie Clanes, feita para Netflix, regresou hoxe co seu equipo para dirixir o proceso de gravación dun novo produto audiovisual. Con […]

Cadea humana en Ares contra o cancro de mama

O 19 de outubro ás 13.00 h., o paseo marítimo do noso municipio encherase de solidariedade! Garda un oco na axenda e achégate ata alí para contribuír a esta causa. A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ares organiza a Cadea Humana “O cancro de mama, tomámolo a peito”, unha acción simbólica […]

Xa podes informarte sobre a Comunidade Enerxética de Ares no consistorio

Se estás interesado en afondar no que é a Comunidade Enerxética de Ares, as súas vantaxes e compromisos, podes achegarte até a casa consistorial e solicitar os seus Estatutos no Rexistro Municipal ou mesmo o modelo de adhesión para sumarte a ela. A Comunidade Enerxética Local aresá baséase nunha nova forma de organización onde persoas […]

Ares consegue a súa segunda Bandeira Verde de Galicia

A Xunta outorgou onte á vila este selo que distingue o esforzo local pola paisaxe, a procura da eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos. A concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, recolleu de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a bandeira verde, símbolo do compromiso ecolóxico do concello aresán e […]

Corte de auga con data 15.10.2025

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para levar a cabo unha reparación na rede xeral de abastecemento de auga potable, quedará cortada a subministración nas seguintes rúas: 📍 Crta. Ares – Chanteiro desde Ares ata Os Galgos; A Gaspalleira; Maiobre; San Roque; Lubre; Estrada das Mirandas; Rúa da […]

O Open Dominó Concello de Ares conclúe a súa XVIII edición

O pasado sábado, o Casino Aresano acolleu o XVIII Open de Dominó do Concello de Ares promovido polo Club Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello, reunindo nas súas instalacións a participantes de toda Galicia en horario de mañá e de tarde. O evento saldouse con éxito dende a organización e […]

Ares viviu o San Froilán 2025!

A veciñanza aresá gozou dunha xornada lúdica en Lugo participando nunha das festas máis emblemáticas de Galicia ao longo deste venres pasado, no marco da saída que programou a Concellaría de Igualdade e Benestar fletando un par de buses cara a urbe lucense. Durante o día, houbo tempo para pasear polas rúas cheas de ambiente, […]

Ares contará cun evento en recordo do veciño Lucas Seijo Fernández

O pavillón polideportivo municipal acollerá o sábado, 18 de outubro, en horario de mañá, unha exhibición de infline freestyle coas compañeiras e compañeiros de Lucas, falecido en setembro de 2024, e tamén unha exposición de LSC. Será un adianto do que chegará na Lucas Slalom Cup 2026, certame deportivo igualmente destinado a lembrar ó veciño […]

MercaNaVila, unha oportunidade para o comercio local de Ares

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, vén de presentar a súa campaña MercaNaVila, unha iniciativa para impulsar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes. O seu obxectivo: incentivar as compras de proximidade ofrecendo á cidadanía maior de idade descontos de ata 100 euros por persoa nos establecementos […]