As alfombras florais regresan a Ares tras dous anos de parón polo covid-19

O venres pasado representantes municipais e membros da asociación promotora presentaron a nova edición desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará nas xornadas do 18 e 19 de xuño. Xunto ás alfombras, o Concello promoverá un concurso de decoración floral por todo o municipio. O alcalde de Ares, Julio Iglesias; as […]

Nova visita do alumnado do CPI As Mirandas a Valdoviño!

Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas de 1º curso da ESO os que achegaron á idiosincrasia particular do municipio e á práctica de deportes actuátivos como o surf. Foi, coma na anterior actividade, no marco do proxecto «Ares e Valdoviño no Mar», que ambos os dous concellos impulsan co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal […]

O Concello activa o servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”

O prazo de inscrición abrirá a próxima semana, pudendo achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais da localidade ou por rexistro electrónico na web institucional.  A área de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha do “ConciliAres”, o servizo municipal que fomenta a conciliación durante os meses de xullo e agosto, […]

Últimos días para visitar a mostra de Galicia en Foco

Se estás interesado/a en achegarte a ver unha das principais exposicións de fotoxornalismo galego, aínda estás a tempo! A 30ª edición de Galicia en Foco promovida polo Club de Prensa de Ferrol estará dispoñible ata este venres, 13 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, no piso superior da Casa da Xuventude. A mostra recolle […]

O programa “Coidados porta a porta” habilitarase en Ares durante 4 xornadas

Victoria Montenegro, concelleira de Benestar, informou recentemente das datas nas que estará dispoñible o programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos, dentro da nosa contorna municipal. Ao longo do 19, 20, 23 e 24 de maio chegará este servizo dirixido ás persoas maiores de 55 anos nos que se […]

Ares consegue 40.000 euros para a corrección do impacto paisaxístico no núcleo de Lubre

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiron onte na contorna de Lubre á delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros, acompañada do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Salvado. As autoridades visitaron as dúas infraestruturas que serán obxecto de rehabilitación cos 40.000 euros […]